Poio Pescamar e Marín Futsal aparcan a copa para centrarse nos seus obxectivos ligueiros
Por Redacción
A máxima categoría do fútbol sala feminino nacional regresa a primeiro plano tras a disputa, durante a ponte da constitución, das primeiras roldas da Copa da Raíña, nas que a sorte foi dispar para os dous equipos da provincia. O Poio Pescamar caeu ante o todopoderoso Futsi Atlético, mentres que o Marín Futsal avanza á fase final ao superar ao Atlético Torcal.
As marinenses afrontan este sábado, a partir das seis, un partido na cancha do Alcantarilla. Un duelo de altura para o conxunto da Raña que, se quere aspirar á zona alta da táboa, debe mostrar todos os seus argumentos futbolísticos e derrotar ao cadro murciano, que marcha sexto con 18 puntos, seis máis que as galegas.
Media hora máis tarde, saltará á cancha da Seca o Poio Pescamar co obxectivo de seguir prolongando o seu pulso pola segunda praza co Burela e, por que non, asaltar o liderado se o Futsi Atlético perde no seu derbi madrieño contra o Alcorcón. O rival será o Roldán, outro dos que aspira a acabar a tempada entre os catro primeiros e xogar a final a catro polo título de liga. Polo momento, son quintas a nove puntos das conserveiras.
Por se o aliciente deportivo non fose suficiente para acudir este sábado á Raña, o club organiza para este último partido de liga do 2022 no pavillón da Seca unha xornada solidaria na que cada espectador que entregue xoguete recibirá unha participación para un sorteo dunha cunca e unha bufanda do Poio Pescamar.
Relacionadas:
-
As obras para renovar a pista da Seca levarán "uns meses" o Poio Pescamar a Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Pase con sufrimento do Marín Futsal á fase final da Copa da Raíña (3-6)
Por Redacción |
-
O intratable Futsi Atlético apea o Poio Pescamar nos oitavos de final de Copa (5-1)
Por Diego Espiño |
-
Vitoria en Ourense para un Poio Pescamar que segue intratable (0-3)
Por Almu Dapena |