Antonio Fernández: "Creo que o equipo sufriu, pero non era para irse cun 0-2"
Por Almu Dapena
O Racing de Ferrol rompeu este domingo coa boa serie do Pontevedra Club de Fútbol en Pasarón. A falta de gol segue sendo un problema para os granates, que peses ás innumerables ocasións que tiveron, foron incapaces de bater ao seu opoñente.
Foi o conxunto rival o que dominou, sobre todo durante a primeira metade, provocando un escenario para os granates que "non esperabamos. Queriamos ser máis dominadores do que fomos, o Racing apertounos ben, non soubemos atopar o lado contrario, non tiñamos esa capacidade de atopar o terceiro home que leva o balón á beira contrario e convertémonos nun equipo cun fútbol demasiado directo pero con balóns que non eran de calidade", analizou o técnico do Pontevedra, Antonio Fernández, na habitual rolda de prensa de despois do partido.
Con todo, o seu equipo fixo sufrir ao Racing, sobre todo "no momento que atopamos as zonas interiores", pero unha vez encaixaron o primeiro gol, en fóra de xogo, e o segundo, tras un erro nunha zona complicada, "dáslle esa vantaxe ao rival e poñer todo costa arriba", admitiu.
Considera que "non soubemos atopar esa contundencia que tivemos en Pasarón noutros encontros". O Ferrol "é un rival que xoga, que che presiona, ten moita velocidade por fóra e fíxonos sufrir nese aspecto", explicou Antonio, que cre que "sacando os dous ou tres erros que nos penalizaron na primeira parte, o equipo sufriu, pero non era para irse cun 0-2".
De feito, na segunda metade cambiaron moito as cousas en relación á primeira, o Pontevedra era outro completamente diferente e chegou a área rival aínda que sen ser capaz de mover o marcador. "Tentamos atopar máis a Seoane, e cando o atopamos a el e a Rubio na segunda parte tivemos máis chegadas e metemos ao Racing no seu campo a base de garra e ganas".
Pese ao 0-2, daba a sensación de que o gol dos granates ía chegar e "o escenario case nos dá a posibilidade de marcar o gol. O empate non estaba lonxe nin preto", admitiu o técnico, "tivemos opcións de marcar o primeiro gol e é co que quedo, o equipo quixo ata o final, pero a renda da primeira parte era demasiado grande como para liquidala sen o acerto que hoxe nos faltou para gol".
Relacionadas:
-
Dura derrota do Pontevedra en Córdoba tras xogar 80 minutos en superioridade (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Un domingo solidario en Pasarón co partido entre Pontevedra e Rayo Majadahonda
Por Redacción |
-
Sen renunciar á sorpresa en Córdoba: "É unha das saídas máis complicadas do campionato pero isto é fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Córdoba-Pontevedra, 15 anos despois dunha dolorosa eliminación
Por Diego Espiño |
-
A presenza de Álex González, principal dúbida do Pontevedra ante a viaxe a Córdoba
Por Diego Espiño |
-
O Racing de Ferrol rompe a imbatibilidade do Pontevedra en Pasarón (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |