Vitoria en Ourense para un Poio Pescamar que segue intratable (0-3)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar segue intratable en liga. As de Luís López-Tulla superaron este sábado ao Ourense Envialia a domicilio nun partido serio no que os goles chegaron na segunda metade.
Foi un derbi galego do todo igualado, cos dous equipos mostrando as súas mellores bazas para dificultar as opcións do rival para portería. De feito, as ocasións de gol brillaban pola súa ausencia e non chegaron ata o minuto oito de xogo co aviso de Marta Peñalver, que tapou Uxía, e un de Luci, que se foi alto.
Os minutos seguían pasando e as vermellas cargábanse con catro faltas a menos de sete para o descanso, López-Tulla paraba o tempo, pero as ocasións claras seguiron sen chegar ata o tramo final do primeiro acto. De novo Luci puxo a proba a Uxía, que realizou unha boa parada para desbaratar os intereses do rival, e logo Vero dispoñía da máis clara para o Ourense Envialia pero Elena encargábase de taponar para enviar ao partido ao descanso cun empate sen goles.
Despois do intermedio e nada máis saír dos vestiarios, Laura Uña, cunha potente volea á escuadra, adiantaba ao Poio Pescamar tras unha xogada de estratexia de córner. Cinco minutos despois, Marta Peñalvel recibía un pase de Dani Sousa e facía o 0-2.
Puido o cadro local reducir diferenzas por medio de Sara Moreno, pero a pesar dos intentos de atopar o gol, este non chegaba, polo que optaba polo xogo de cinco en busca da remontada.
Con todo, foron as conserveiras as que devolveron o golpe cun punterazo de Laura Uña tras unha boa circulación do seu equipo, sentenciando así o partido en 0-3 e asinando unha nova vitoria para un Poio Pescamar de récord que segue afianzado na parte alta da clasificación.
OURENSE ENVIALIA (0): Uxía; Candela, Clara Fernández, Zaide e Jenny Lores (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sara Moreno, Celia, Chiky e Vero.
POIO PESCAMAR (3): Elena; Marta Peñalver, Dani Sousa, Luci e Martita (quinteto inicial). Tamén xogaron, Laura Uña, Dupuy, Rocío, Irene García, Anna Escribano e Elena Aragón.
Goles: 0-1, min. 21 Laura Uña. 0-2, min. 26 Marta Peñalver. 0-3, min. 37 Laura Uña.
Incidencias: Os Remedios. Colexiados, Carreira Romero e Ferrero Carballal. Sen amoestacións.
Relacionadas:
-
Fin de ano redondo para o Poio Pescamar tras superar o Torreblanca Melilla (0-2)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal despide o ano na Raña contra o Teldeportivo e o Poio Pescamar viaxa a Melilla
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve con dous tantos en cinco minutos o atasco contra o Roldán (2-0)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal aparcan a copa para centrarse nos seus obxectivos ligueiros
Por Redacción |
-
As obras para renovar a pista da Seca levarán "uns meses" o Poio Pescamar a Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
O intratable Futsi Atlético apea o Poio Pescamar nos oitavos de final de Copa (5-1)
Por Diego Espiño |
-
Reto de altura para o Poio Pescamar nos oitavos de final de Copa
Por Redacción |
-
Un Poio Pescamar de récord e a tiro de liderado na Primeira Federación Futsal
Por Diego Espiño |
-
Remontada e vitoria para o Poio Pescamar contra o Leganés (2-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo en Zaragoza para un Poio Pescamar que segue de doce (2-3)
Por Redacción |
-
Goleada de escándalo do Poio Pescamar o Rayo Majadahonda (12-0)
Por Redacción |