Presentación de Pontevedra no World Triathlon Congress 2022 de Abu Dhabi
Por Redacción
A comitiva pontevedresa formada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, participou na matinal deste domingo no último acto programado dentro da axenda institucional de promoción e organización da Gran Final das Series Mundiais Pontevedra 2023, falando dentro do World Triathlon Congress 2022.
O rexedor, introducido pola presidenta da World Triathlon e membro do Comité Olímpico Internacional, Marisol Casado, e o presidente da FETRI, José Hidalgo, indicou que "Pontevedra conta cunha experiencia obtida ao longo de todos estes anos e encheu de halagos o modelo urbano, a xenerosidade da veciñanza, a contorna verde que é toda a comarca, a súa gastronomía, a mestura do ocio coa cultura..."
Esta serie de virtudes, para Lores, fan da Boa Vila "un lugar idílico para a celebración da Gran Final das Series Mundiais", a proba de triatlón que lle faltaba por acoller.
O salón do Rotana Hotel de Abu Dhabi aplaudiu a intervención do alcalde e valorou moi positivamente a presentación realizada, na que tamén foi proxectado un vídeo promocional con imaxes da contorna pontevedresa, da súa xente e do ITU Multisport de 2019.
Preto de 140 países de todo o mundo estaban representados neste congreso que se repetirá o ano que vén en Pontevedra, onde preven o mesmo número de asistentes e incluso maior.
Relacionadas:
-
Un concerto de Tanxugueiras para iniciar a conta atrás para Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena |
-
Definido o calendario da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A bandeira da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, preparada para ondear en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra conta os días para a Gran Final das Series Mundiais de 2023
Por Redacción |
-
Pontevedra dá a coñecer entre os deportistas en Abu Dhabi a Gran Final das Series Mundiais de 2023
Por Redacción |
-
Actividades culturais, de lecer e turísticas completarán a programación da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon pon o cartel de completo nos hoteis da comarca a 10 meses vista
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra recollerá en Abu Dhabi a testemuña da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon
Por Almu Dapena |
-
A Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra xa ten datas: do 20 ao 24 de setembro de 2023
Por Diego Espiño |