Exame ao bo momento do Poio Pescamar e oportunidade para o Marín Futsal de recuperar o ritmo
Por Redacción
O Poio Pescamar vive o mellor arranque ligueiro da súa historia na Primeira División, pero quere máis. Consolidado no terceiro posto con 24 puntos, a 3 do liderado, e con só un partido perdido e 8 vitorias esta campaña, o cadro conserveiro poñerá en xogo a súa boa serie este sábado 26 de novembro na Seca (18.30 horas).
O equipo vermello buscará o que sería o seu oitavo triunfo consecutivo na liga contra o Leganés, actual duodécimo clasificado, nun choque enmarcado dentro da campaña da Xunta de Galicia pola Igualdade con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Desde o Poio Pescamar súmanse a esta campaña cunha especial promoción da mesma a través da súa web e redes sociais.
En canto ao plano deportivo, Luís López-Tulla contará esta xornada con todo o plantel á súa disposición.
Pola súa banda o Marín Futsal, tras encaixar dúas derrotas en tres xornadas ante os dous colíderes, quere recuperar o ritmo da competición na súa visita á cancha do Móstoles (sábado, 18.30 horas), décimo clasificado a 2 puntos das marinenses.
Relacionadas:
-
O Móstoles castiga a un Marín sen ideas (7-2)
Por Redacción |
-
Remontada e vitoria para o Poio Pescamar contra o Leganés (2-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo en Zaragoza para un Poio Pescamar que segue de doce (2-3)
Por Redacción |
-
O colíder Futsi Navalcarnero non dá opcións o Marín Futsal (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Martita e Luci, do Poio Pescamar; e Ale de Paz, do Marín Futsal, convocadas pola Selección Española
Por Redacción |