O Waterpolo Pontevedra roza no País Vasco o seu primeiro triunfo a domicilio na Primeira División Feminina
Por Redacción
A punto estivo de chegar a segunda vitoria consecutiva, que tería sido a primeira a domicilio, do Club Waterpolo Pontevedra na Primeira División Feminina.
O conxunto pontevedrés visitou a fin de semana o Leioa vasco, e só as expulsións que minguaron a súa rotación no tramo final do encontro impediron un triunfo de moito mérito.
As xogadoras adestradas por Kike García comezaron o choque con intensidade e dominando o marcador, chegando a mandar por tres tantos (3-6) ao descanso.
Con todo as sancións, con tres das súas xogadoras sen poder xogar no parcial decisivo por acumular tres expulsións cada unha, pesaron nos minutos finais. O bo facer defensivo nas inferioridades (ata 15 expulsións en contra e só 4 a favor) permitiu chegar con opcións ao cuarto decisivo (7-7), pero terminaron pesando demasiado para un marcador final de 13 a 10.
A pesar da derrota o Waterpolo Pontevedra regresou do País Vasco con bo sabor de boca e reforzado polo nivel ofrecido para a próxima xornada de liga, na que recibirá na Escola Naval ao último clasificado, o Marbella, nun partido importante na pelexa pola permanencia na categoría.
Relacionadas:
-
Avultada derrota do Waterpolo Pontevedra ante o Real Canoe (7-16)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Remontada e primeiro triunfo a domicilio do Waterpolo Pontevedra para pechar a primeira volta (10-12)
Por Redacción |
-
Importante triunfo do Waterpolo Pontevedra ante un rival directo pola permanencia na Primeira Nacional, o CW Marbella (15-10)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Os cadetes Mario Touriño e Mario Paz, do Waterpolo Pontevedra, citados pola RFEN
Por Redacción |
-
Histórica vitoria do Waterpolo Pontevedra á conta do Mallorca
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra ante un dos favoritos ao ascenso, o UE Horta
Por Redacción |