O CGTD acolleu a novena xornada da liga de Break
Por Redacción
O Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra acolleu este fin de semana a novena xornada da Liga Xunta Galicia de Break.
Ata a Boa Vila desprazáronse preto de medio centenar de bailaríns en categorías de iniciación, intermedio e avanzado, que competiron nesta cita organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu ao CGTD para desfrutar dunha xornada chea de deporte e que chegará ao seu fin o vindeiro 26 de novembro en Santiago de Compostela.
A Liga Xunta de Galicia de Break 2022 aterrou en Pontevedra tras as súas oito primeiras citas na cidades de Lalín (14 de maio), Viveiro (28 de maio), Noia (4 de xuño), Porto do Son (2 de xullo), Verín (27 de agosto), Vigo (10 de setembro), Pontedeume (8 de outubro) e Ourense (5 de novembro).