Un Bádminton Ravachol minguado polas baixas sofre ante La Orden (6-1)
Por Redacción
Dura derrota a vivida polo Bádminton Ravachol na matinal deste domingo en Huelva ante La Orden. O cadro pontevedrés viaxou minguado por numerosas baixas e caeu con contundencia por 6-1.
O primeiro punto da mañá foi para o conxunto local, o Ravachol non presentou xogadores para disputar o dobres mixtos e os xuíces deron a vitoria a Belén Rodríguez e Pablo Abián.
En dobres masculino, Manuel Brea e Hugo Salgueiro foron incapaces de vencer a Adrián Márquez e Alejandro Pérez (11/2-11/6-1-0), mentres que Georgina Bland e Elena Fernández tentárono e puxeron as cousas difíciles a Telma Da Silva e Daniella Gonda, pero ao final cederon o terceiro punto da xornada (11-10/11-10/11-6).
O único triunfo do Ravachol chegou da man da inglesa Bland ante a retirada por lesión de Da Silva mentres se disputaba o segundo xogo (10-11/0-3), dando paso a un irresistible xogo onubense para gañar sen excesivos problemas aos de Pontevedra.
Manuel Brea caeu en individual masculino ante Pablo Abián a pesar de facerse co primeiro xogo (10-11/11-2/11-4/11-3), Hugo Salgueiro tampouco foi capaz de superar a Alberto Perals (11-0/11-3/11-2) e, finalmente, Elena Fernández cedeu no duelo final ante Daniella Gonda (11-5/11-6/11-2) para asinar o definitivo 6-1.
Relacionadas:
-
O Ravachol certifica a súa permanencia en Primeira División nunha agónica e decisiva xogada
Por Redacción |
-
Manuel Brea, quince veces campión galego absoluto
Por Redacción |
-
Épica remontada do Ravachol para derrotar o San Fernando de Valencia
Por Redacción |
-
A medalla máis celebrada polo Bádminton Ravachol Pontevedra
Por Redacción |
-
O Cisne, a romper a súa mala serie en Valladolid nunha intensa fin de semana deportiva en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol supera o Benalmádena no CGTD tras un partido igualado (4-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un renovado Bádminton Ravachol cede pola mínima en Oviedo (4-3)
Por Redacción |
-
O Ravachol Pontevedra confirma seis renovacións e agarda dúas fichaxes estranxeiras
Por Redacción |