O Pontevedra remonta en Manresa e sela o seu pase á seguinte rolda da Copa do Rei (1-3)
Por Almu Dapena
O Pontevedra CF certificou este domingo o seu pase a seguinte rolda de Copa do Rei tras remontar e superar o CE Manresa por 1-3. Un tanto de Churre en propia porta aos oito segundos parecía que deixaría tocado os granates, pero todo o contrario. Buscaron dar a volta ao resultado e demostraron a súa superioridade e a súa fame de gol sentenciando o cadro catalán e certificando a súa clasificación.
O partido púxose costa arriba nada máis comezar para o Pontevedra. Sacou o Manresa de centro, Marc Martínez enviou en longo o balón a área rival e Churre deulle de cabeza, Álvaro Cortés saíu en falso, e o esférico coouse no interior da portería granate.
Era urxente unha reacción ao gol temperán en contra, e os de Antonio Fernández puxéronse ao choio facéndose donos da posesión e buscando conectar con Rufo e Brais Abelenda, os seus homes de referencia na punta de ataque.
Daba a sensación de que o empate ía chegar en calquera momento, e chegou cando se cumpría a media hora de xogo. Calvillo puxo o centro desde a banda dereita e Brais Abelenda apareceu no punto de penalti para facer o 1-1 de cabeza.
O Pontevedra estaba desatado e non tardou máis de dous minutos en dar a volta ao marcador. De novo dun centro, Alberto Rubio enviou o balón a Yelko que, outra vez de cabeza, anotaba o 1-2 e poñía aos granates por diante.
No tramo final do primeiro acto xa se empezou a notar o cansazo sobre as pernas dos xogadores do Manresa, aos que non lles duraba nada o balón e estaban obrigados a defender os centros dun Pontevedra que quería o terceiro gol.
Pero non foi ata a segunda parte cando os visitantes tiveron esa sensación de sentenza co 1-3. Un defensor do Manresa despexou cara atrás, da mesma forma que fixera Churre no gol local, e Brais Abelenda meteu a perna para bater por arriba a Óscar Pulido.
Parecía que o Manresa quedaba tocado tras o gol, pero de cando en vez chegaba a portería de Álvaro Cortés e poñía en aprietos os defensores. Sobre todo cando Churre cometía penalti por man dentro da área, pero para fortuna dos granates, o disparo de Joel Priego daba no pau e marchaba fóra.
O penalti meteu medo no corpo aos xogadores de Antonio Fernández, que responderon na seguinte xogada cunha clarísima ocasión de Rufo que desbarataba Puído cun auténtico paradón que daba paso aos últimos minutos do partido nos que o Pontevedra aguantou cómodo e certificou o seu pase a seguinte rolda de Copa do Rei.
RESUMEN #CopaDelRey
— RFEF (@rfef) November 13, 2022
1-3 | @Cemanresa1906 - @PontevedraCFSAD
1-0 | Churre (1')
1-1 | Brais (29')
1-2 | Yelko (35')
1-3 | Brais (59')
Estadio Nou Congost#LaCopaMola pic.twitter.com/Scgi39keH8
CE MANRESA (1): Óscar Pulido, Paco Benítez (Marc Pescozo, min. 45), Putxi, Álex Sánchez (Sureda, min. 63), Noah, Joel Priego, Jaume Pascual (Pau Darbra, min. 63), Marc Martínez (Acedo, min. 77), Javi López, Pele (Iglesias, min 77) e Salva.
PONTEVEDRA CF (3): Álvaro Cortés, Anxo Bastos, Churre, Miguel Román (Jon Bakero, min. 81), Brais Abelenda, Rufo (Mario Ortiz, min.81), Yelko Pino, Oier Calvillo (Borja Domínguez, min. 88), Alberto Rubio (Martín Diz, min. 69), Seoane e Luís Martínez (David Soto, min. 69).
Goles: 1-0, Churre (p.p segundo 8). 1-1, Brais Abelenda (min. 30). 1-2, Yelko Piñeiro (min. 32). 1-3, Brais Abelenda (min. 58).
Incidencias: Partido correspondente á primeira fase da Copa do Rei disputado no Congost entre o CE Manresa e o Pontevedra CF ante case 2.000 espectadores
Relacionadas:
-
O Pontevedra ponse en modo Copa coa "máxima ilusión" e seguros de que "teremos posibilidades"
Por Manu Otero |
-
Promocións para a Copa do Rei, con entrada de balde para menores de 16 anos
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra brillante queda a cero pola súa falta de acerto fronte ao Fuenlabrada (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Un Pontevedra camaleónico no táctico testa a súa melloría contra o Fuenlabrada, segundo peor visitante do grupo
Por Manu Otero |
-
O Tenerife, rival do Pontevedra na segunda rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero |
-
Diego Seoane: "O Pontevedra ten fútbol para gañar partidos e estar tranquilo en Primeira RFEF"
Por Manu Otero |
-
Un equipo de Segunda División en Pasarón para a segunda rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
6,7 segundos! O gol en propia meta de Churre en Manresa, directo ao libro dos récords
Por Diego Espiño |
-
Falece Seve Penelas, socio e afeccionado histórico do Pontevedra CF
Por Redacción |
-
Antonio Fernández: "A Copa non se xoga todos os anos, hai que darlle o valor que ten"
Por Diego Espiño |
-
Manresa desborda ilusión para recibir o Pontevedra na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Con (case) todos para afrontar o reto da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Pasar de rolda na Copa do Rei cotízase caro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A falta de gol a domicilio, un mal que se enquista no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Arribas sentenza a un defensivo Pontevedra que segue sen gañar fóra da casa (1-0)
Por Almu Dapena |