Nerea Pampín queda sen opcións de bronce ao ceder na repesca do Mundial Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
A participación de Nerea Pampín no Campionato de Loitas Olímpicas Sub-23 de Pontevedra chegou este venres ao seu fin sen poder acceder ao combate final polo bronce na categoría de 65 quilos.
A deportista de Vila de Cruces, que cedeu o xoves na rolda de clasificación nun igualado combate, accedeu á repesca deste venres, na que esperaba a kazaka Dariga Aben.
Nerea debía superar ese enfrontamento para pelexar polo podio ante a italiana Elena Esposito, e o certo é que o tivo ao seu alcance, xa que tomou a dianteira no primeiro asalto por 4-1. Con todo a súa reaccionou para dar a volta ao tenteo e acabar vencendo por un apertado 6-4 deixando sen opcións á que era a gran esperanza local do torneo.
A xornada deste venres no Mundial Sub-23 supoñía o peche da competición feminina, á vez que entraban en acción os representantes da loita libre masculina, modalidade que pechará o Mundial Sub-23.
A actividade de loita no Pavillón Municipal dos Deportes continuará durante a fin de semana, ata a súa clausura o vindeiro domingo 23 de outubro.
Relacionadas:
-
Pontevedra clausura os mundiais de loitas despois de quince intensos días
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Yui Susaki, un ciclón deportivo que inscribiu a Pontevedra nos libros de historia da loita mundial
Por Diego Espiño |
-
Nerea Pampín, á repesca no Mundial Sub-23 de Loita
Por Diego Espiño |
-
A loita feminina entra en escena no Campionato do Mundo Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Voluntarios, servizos, infraestruturas... o que non se ve dos mundiais de loita de Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra inaugura o Mundial Sub23 de Loita mirando cara ao futuro: "Agardamos acoller algún Europeo absoluto"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
España pecha o Mundial de grappling e grappling-gi con 44 medallas
Por Redacción |
-
Choiva de medallas para España nas primeiras xornadas dos mundiais de loita
Por Manu Otero |
-
Yui Susaki, unha campioa olímpica e mundial que busca en Pontevedra o 'Grand Slam' da loita
Por Diego Espiño |
-
Nove mundiais, setenta países e 1.100 deportistas para "o evento de loita máis importante da nosa historia"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |