Antía Jácome, deportista homenaxeada na XII Carreira Pinga-Pinga
Por Redacción
San Tomé de Piñeiro, en Marín, prepárase para vivir unha xornada festiva o vindeiro sábado 8 de outubro coa Festa da Mazá e da Sidra e coa celebración dunha cita xa arraigada no calendario deportivo, a Carreira Pinga-Pinga que chega en 2022 á súa XII edición.
Nesta ocasión o evento deportivo organizado polo Club Deportivo Pinarium renderá homenaxe á piragüista olímpica Antía Jácome, toda unha subcampioa mundial e campioa de Europa.
Jácome será protagonista da xornada como no seu día fórono outros grandes nomes do deporte local como David Cal, Teresa Portela, Begoña Fernández, Támara Echegoye, Susana Rodríguez, Alejandro Gómez, os irmáns de la Torre, Óscar Graña, Manuel Cruces e Manuel Rosales, que iniciou estes recoñecementos na primeira edición da carreira.
No que respecta a a Pinga-Pinga comezará cunha Andaina Popular (dous circuítos a elixir de 5 e 8 quilómetros) con saída prevista para as 16.00 horas. Despois chegarán as carreiras os menores ata as 17.00 horas, canto partirá a proba absoluta.
O evento terá un carácter solidario ao destinar parte do custo de inscrición á Asociación Española Contra o Cancro.
Relacionadas:
-
Xornada festiva e deportiva en Santo Tomé de Piñeiro coa carreira popular Pinga-Pinga
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Dous anos despois, Santomé de Piñeiro volve render culto á mazá e a sidra
Por Redacción |
-
Bo ambiente e ilusión na XI edición da carreira popular Pinga-Pinga
Por Redacción & Cristina Saiz |