A quinta edición do RallyMix Cuntis Vila Termal, a punto
Por Redacción
A Escudería Cuntis Vila Termal e o Concello de Cuntis teñen todo a punto para a V edición do seu RallyMix, que se disputará o sábado 24 e o domingo 25 de setembro.
A competición, que conta cunha importante inscrición, dará comezo ás 12.30 horas do sábado coa primeira das cinco mangas oficiais programadas. Tres disputaranse na primeira xornada, mentres que as outras dous restantes terán lugar o domingo a partir das 10.00 horas.
Todo nun trazado de 12,3 quilómetros de extensión en terreo mixto de terra e asfalto que comeza no 'Paseo do Río' e pasará por Guimarei, Soutelo, San Mamede, Bragaña, Vilariño e Noval.
No que respecta ao parque de traballo dos equipos, cambia de lugar polas obras na Rúa do Espadenal, polo que nesta ocasión estará instalado no Lugar de Calvos, na estrada PO-220 chegando ata a Rúa do Convento.
Na V edición do RallyMix Vuntis Vila Termal destaca a presenza de Sara García, primeira muller en acabar o Dakar sen asistencia, e Nil Soláns, campión do mundo junior de WRC.
Relacionadas:
-
Presentada a terceira edición do RallyMix Concello de Portas
Por Redacción |
-
Roubos con final feliz no RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Diego Espiño |
-
Abel Jurado vence na quinta edición do RallyMix de Cuntis
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O RallyMix Cuntis Vila Termal quece motores para a súa quinta edición
Por Redacción |
-
A regularidade de Javier Ramilo lévao ao triunfo no II RallyMix Concello de Ribadumia
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A Federación Galega de Automobilismo aproba o seu pre-calendario de competición para 2022
Por Diego Espiño |
-
Alfonso Ventín estrea o palmarés do RallyMix de Portas
Por Redacción |