O Cisne castiga o Sinfín na segunda metade (30-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Non apto para cardíacos. Así podería definirse o partido vivido este sábado no Príncipe Felipe entre o Club Cisne e o Sinfín. Primou a igualdade en case todo o envite onde destacaron Álex Chan cun 100% de acerto e 10 goles no seu haber, que o fan ser o máximo goleador de Asobal (28 goles); Gabriel Cavalcanti, con sete goles; e Roney Franzini, que apareceu nos momentos decisivos para axudar ao seu equipo para facerse coa segunda vitoria consecutiva.
A alta intensidade por parte de ambas as escuadras, a fortaleza defensiva e abrigo a igualdade foron as protagonistas da primeira metade, onde cada ataque anotado por uns era respondido da mesma forma polos outros.
Leonardo Alonso era imparable co seu lanzamento exterior, facendo pleno no seu primeiros tres lanzamentos a portería cisneísta, mentres para o Cisne destacaban Chan e Carlos Álvarez que se encargaban de manter ao seu equipo na disputa, o que foi o preludio dunha primeira metade agónica e de infarto aínda que non tanto como os minutos finais.
Os brancos estaban moi intensos en defensa e Roney aparecía por momentos con algunha das súas habituais paradas, pero na área contraria a precipitación nos pases e a falta de acerto impedía ao Cisne irse en máis dun gol. O mesmo ocorría nas filas do Sinfín.
E así foron pasando os minutos, Cisne anotaba, Sinfín respondía, e viceversa. A bancada animaba e celebraba cada gol branco, pero foron os visitantes os que se foron cun gol de vantaxe ao descanso (15-16).
Foi na segunda parte cando o partido viviu un completo revés. Comezou con erros de Chan e Jacobo Díaz, aínda que nin o '7' branco nin Nico fallaron desde os sete metros nos posteriores ataques. Pero o Cisne estaba moi fallón nos seus ataques posicionales e salvábase dun duro golpe das rival grazas ao muro Roney, que sacaba a perna para frear os contragolpes dun Sinfín e mantiña a diferenza dun tanto en contra, que puido ser máis.
Rexurdiu nese momento a figura de Carlos Álvarez, que se dispuxo a lanzar o seu primeiro sete metros. Anotou, colleu confianza e, xunto a Cavalcanti, revolucionaron o devir do partido (20-19).
O Sinfín levaba case dous minutos sen anotar, pediu tempo morto o técnico visitante, coa intención de romper a seca goleadora pero, contra todo prognóstico, os seus foron a peor, instantes que aproveitaron os de Javier Márquez para facerse coa maior renda do partido, nin máis nin menos que de catro goles (23-19).
E tras sete minutos, os santanderinos, aproveitando a exclusión de Cavalcanti e os nervios no Cisne, reduciron distancias cun auténtico golazo, respondido con outro pepinazo de Carlos Pombo, que se estreaba como goleador esa tarde.
A pesar da tranquilidade que daba a renda de catro tantos, os nervios apareceron e as imprecisións con eles. Sinfín reduciu ata colocarse a un gol cando aínda quedaban oito minutos para a conclusión, momento que aproveito Márquez para parar o cronómetro (26-25).
E Chan, con dous goles desde os sete metros, botouse ao equipo encima e de novo ampliou o colchón para o últimos cinco minutos (28-25).
Había que xogar con cabeza, manter a pequena renda e aproveitar os pequenos erros que puidese ter o rival, que adiantaba a defensa buscando o roubo rápido e facía dano ao contragolpe.
Pero, como non, Roney evitou o 29-28 cun paradón lanzándose ao chan; Mateo Arias, fixo falta en ataque, e, Leo, a falta de 40 segundos para a conclusión, anotaba, esta vez si, o 29-28.
Non había opción a fallar e os brancos confiaron en Carlos Álvarez o último ataque e anotou, levantando á bancada dos seus asentos e celebrando a vitoria xa que, aínda que o Sinfín marcase, non quedaba tempo para máis. De feito, Nico tampouco fallou para os de Santander a cinco segundos do final, facendo o 30-29 co que finalizou este duelo de auténtica tolemia.
Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
A ofensiva do Cisne fai augas na segunda metade contra o Bada Huesca (27-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Ao Cisne escápanselle os primeiros puntos no seu feudo ante un demoledor Granollers (29-35)
Por Almu Dapena |
-
A imbatibilidade do Cisne como local, a proba coa "visita complicadísima" do Granollers
Por Diego Espiño |
-
Malas novas para o Cisne e para Marko Ojeda, ao confirmarse a rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Redacción |
-
Xerro de auga fría para o Cisne en León (39-32)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne, a por a terceira vitoria visitando a un Ademar León fráxil en defensa
Por Almu Dapena |
-
Álex Chan e Roney Franzini, os piares dun Cisne de doce
Por Diego Espiño |
-
Estrella Galicia súmase á lista de patrocinadores do Cisne tras o seu ascenso á Liga Asobal
Por Redacción |
-
O Cisne estréase na casa con vitoria sobre o Benidorm tras un duelo de infarto (31-28)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |