Alexis Viéitez segue reinando na Subida á Escusa
Por Redacción & Mónica Patxot
Alexis Viéitez, piloto do Buxa Motor Poio, impúxose un ano máis na súa proba fetiche, a Subida á Escusa.
O corredor pontevedrés dominou con claridade toda a competición, da que puideron gozar os grandes amantes do motor que non dubidaron en aproveitar a boa meteoroloxía para celebrar a 22 edición da proba, unha das máis emblemáticas do panorama galego.
Non decepcionou en toda a competición e impúxose ao resto de competidores cun tempo de 1:48.645 na primeira manga e de 1:46.410, converténdose en líder a falta da xornada dominical. O podio tras a primeira xornada completárono o seu compañeiro de equipo, Martín Villar, e Alejandro Curras, do Pontevedra 1984 Team.
Xa o domingo foi a quenda da terceira e cuarta manga, nas que, por suposto, Viéitez seguiu sendo completo dominador. Fixo un crono de 00:30.672 e outro de 00:30.582 que lle valeron para coroarse un ano máis na Subida á Escusa en categoría III. Martín Villar e Rubén Puime pecharon a cita en segunda e terceira posición.
Pola súa banda, Juan José Couceiro co seu Renault 5 GT Turbo foi líder do Campionato de Montaña en categoría I por diante de Alexis Souto e Juan José Covelo.
Consulta os resultados da 22 edición da Subida á Escusa
Relacionadas:
-
Jorge Pérez e Abrahán Vázquez, os máis rápidos da XXIII Subida A Escusa
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A XXIII Subida A Escusa quenta motores con 61 pilotos rexistrados
Por Diego Espiño |
-
Reforzan a seguridade na estrada de cara á celebración da Subida á Escusa
Por Redacción |
-
Os motores ruxirán o 10 e 11 de setembro nunha Subida á Escusa puntuable para a Copa de España
Por Redacción |
-
A Subida A Escusa fixa a data da súa 22 edición repetindo no calendario nacional
Por Diego Espiño |