O prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas Municipais abrirá o 15 de setembro
Por Redacción
A Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde ten previsto abrir o vindeiro xoves 15 de setembro o prazo para realizar as preinscripcións nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) 2022-2023, que se iniciarán a partir do sábado 1 de outubro.
O calendario foi anunciado esta semana polo tenente de alcalde, Tino Fernández, quen avanzou que este programa está destinado á promoción e práctica do exercicio físico e dos hábitos de vida saudables entre a poboación en idade escolar: nenos e nenas de entre 4 e 14 anos.
Por iso, este curso ofertará máis de 2.000 prazas a través dunha trintena de clubs deportivos en numerosas especialidades: atletismo, baloncesto, balonmán, escalada, ciclismo, fútbol, rugby, taekwondo, tenis, tenis de mesa, pádel, bádminton, ximnasia rítmica, fútbol sala, xadrez, ximnasia acrobática, voleibol...
A preinscripción poderá realizarse a través da páxina web, polo que o Concello facilitará un ordenador nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes (situadas no Pavillón dos Deportes), en horario de mañá e de tarde, para todas aquelas persoas que non conten cun equipo informático na casa ou que teñan dificultades para o manexo ou funcionamento da aplicación.
Os interesados só terán que encher un formulario oficial na EDM desexada. No caso de que houbera máis demanda que oferta, procederán na semana seguinte a un sorteo público entre tódalas solicitudes presentadas. En caso contrario, no que a demandan non supera a oferta, anunciarase que non teñen que participar na fase de sorteo e que, polo tanto, estarán oficialmente preinscritos, pendentes da posterior inscrición en forma e prazo.
Os listados provisionais poderán consultarse na páxina web oficial do Servizo de Deportes do Concello.
Tal e como sinalou Tino Fernández, "a fase de inscrición final realizarase no mesmo lugar no que se desenvolva a actividade e xestionarase directamente coa entidade organizadora". Nos primeiros días, durante a actividade, entregaranlles a ficha de inscrición definitiva debidamente cuberta e coa documentación necesaria.
As actividades enmarcadas dentro das EDM están subvencionadas polo Concello cunha axuda máxima de 82 € por cada neno/a, sendo a cota de inscrición por curso de 50 euros.
Relacionadas:
-
800.000 euros, cifra das axudas que o Concello destinará este ano ao deporte local
Por Redacción |
-
Tramitadas 2.295 solicitudes para as Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción |
-
O rugby, principal novidade nas escolas deportivas de Poio que comezan o 3 de outubro
Por Redacción |
-
Convocan as axudas para as escolas deportivas municipais da tempada 2022-2023
Por Redacción |