Un Pontevedra con "máis agresividade" en ambas as áreas buscará o seu primeiro triunfo contra o debutante Talavera
Por Manu Otero
O Pontevedra recibe este domingo en Pasarón, a partir das 19 horas e diante das cámaras da TVG e Instat TV, ao Talavera co obxectivo de confirmar as súas boas sensacións coa primeira vitoria da tempada.
O equipo manchego debuta este domingo na categoría despois de que a RFEF confirmase o pasado martes a concesión da vacante deixada polo Internacional de Madrid.
A pesar de que se trata dun equipo confeccionado para competir en Segunda Federación e que aínda non disputou ningún partido oficial, ten pendentes as dúas primeiras xornadas fronte ao Deportivo e Mérida, o adestrador granate, Antonio Fernández, alerta do perigo dun conxunto "moi perigoso e sen presión". Remarca o técnico que se trata dun rival con "un modelo de xogo moi definido, ben traballado e coas cousas claras".
Ademais, ao ser un equipo debutante na categoría o factor sorpresa gaña aínda máis relevancia neste encontro, aínda que o preparador ourensán réstelle importancia. "No futbol sorpresas hai poucas, nós temos o noso scouting feito sobre eles", afirma Fernández Rivadulla.
Máis que o rival, ao adestrador do Pontevedra preocúpalle o nivel do seu propio equipo. "As sensacións son moi boas, pero hai que reflectilas tamén a nivel puntuación. Estamos no camiño e hai que seguir crendo no que estamos a facer. O primeiro partido foi moi bo e moi completo, ese o espello no que nos debemos fixar. Se conseguismo facer ese tipo de partidos en casa, imos ter moitas opcións de gañar partidos", marca Antonio Fernández o camiño a seguir.
Con todo, é consciente o técnico afincado en Pontevedra que hai algúns aspectos que mellorar para sumar os tres puntos. "Fáltanos un pouco de agresividade en área contraria e en área propia", recoñece. Pero o equipo xa traballou esta semana para resolver eses problemas. "Puíndo iso, o Pontevedra vai ser un equipo ofensivo e que vai chegar ao área contraria con facilidade. Pero neses tres cuartos de campo temos que saber definir mellor e ter máis agresividade para contraria. Que o rival vexa que non só son chegadas, senón con moitísimo perigo", proponse. "Queremos ser un equipo que domina ao rival", insiste Fernández, que non permitirá a ningún dos seus xogadores que caian na "relaxación nin na falta de tensión".
Ese empuxe extra, poñerao a inchada granate. "Xogamos en casa e a nosa afección vai axudar como contra o Alcorcón, que houbo un magnifico ambiente, oxalá o domingo véxase ese ambiente porque iso axúdanos moitísimo", agradece o preparador.
Sobre a presión por non traducir en puntos o bo xogo mostrado sobre o céspede, Antonio Fernández móstrase tranquilo. "Preocuparíame que as sensacións fosen malas. Eu estou tranquilo porque co traballo que estamos a facer as vitorias van chegar. Tranquilidade e seguir traballando duro. O Talavera ten que ser o punto de inflexión que buscamos para conseguir esa primeira vitoria que nos dea traquilidad para seguir traballando como estamos a traballar", sostén con confianza.
Para lograla, o adestrador poderá contar con todos os seus xogadores salvo os lesionados Pablo Cacharrón e Diego Seoane, que seguen traballando á marxe do grupo para recuperarse das súas lesións de menisco e pubalxia, respectivamente. "O equipo adestrou moi ben, preparando o partido con moito detemento. O domingo queremos ser protagonistas e conseguir a primeira vitoria aquí en casa".
Acerca das últimas fichaxes, que aínda non debutaron co primeiro equipo, o centrocampista Álex Masogo e o central Luís Martínez, Antonio Fernández veos cada día máis integrados na dinámica do equipo. "Aos poucos van collendo o ritmo e a partir de aí son totalmente alineables. Poñamos a quen poña o domingo, será un equipo moi competitivo", asegura con convicción.
Relacionadas:
-
Un penalti dubidoso e unha expulsión catapultan ao Pontevedra cara á vitoria ante o Talavera (3-0)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os granates xa coñecen os horarios de toda a primeira volta de Primeira Federación
Por Manu Otero |
-
O asturiano Francisco García Riesgo dirixirá o duelo entre Pontevedra e Talavera
Por Manu Otero |
-
Álex Masogo: "Podo actuar de central se a situación o require"
Por Manu Otero |
-
Antonio Fernández, tras a derrota en Matapiñonera: "Nos encontramos cómo es la Primera RFEF"
Por Almu Dapena |
-
Excesivo castigo para o Pontevedra na súa visita o Sanse (2-0)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "Creo que fixemos méritos para gañar"
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
Un atrevido Pontevedra deixa un bo sabor de boca no arranque ligueiro contra o Alcorcón (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |