O Pontevedra recibirá máis diñeiro cantos máis espectadores vexan os seus partidos por televisión
Por Manu Otero
A adxudicación a InStat TV dos dereitos de retransmisión da Primeira Federación colleu por sorpresa a todos os amantes do fútbol modesto.
Pouco transcendeu dese acordo e dos beneficios que sacarán os equipos que compiten nesta categoría. Pero un comunicado publicado polo RC Deportivo desvela que cantos máis espectadores teña un equipo, máis diñeiro recibirá da repartición de fondos polos dereitos televisivos.
Na información, aplicable a todos os equipos da categoría, o conxunto herculino explica como ten pensado a RFEF aplicar o sistema de repartición dos 9,3 millóns de euros de dereitos de televisión que teñen que distribuírse aos 40 clubs de Primeira Federación nesta tempada 2022-2023.
Unha parte dos devanditos fondos, como explicaron os directivos da RFEF a representantes dos corenta clubs este martes nunha reunión en Las Rozas, serán repartidos entre os clubs en función do número de abonados de cada un deles en InStat.
Esta adxudicación de fondos determinarase en función de dúas variables. Por unha banda, unha parte do botín repartirase en base á porcentaxe de usuarios que elixiron como club de referencia de Primeira Federación ata o 31 de marzo de 2023. Polo que canto maior sexa a porcentaxe de abonados de InSports.tv que elixisen como o seu club ao equipo granate, maior será o importe que percibirá o Pontevedra CF SAD.
Doutra banda, establécense dúas categorías de premios. Os premios Afección e os premios Poboación, dotados cada un con 100.000, 50.000 e 25.000 euros para os tres mellores clasificados neste particular ranking. O Premio Oro afección será para o equipo que rexistrase máis seguidores a data do 31 de marzo de 2023; e o Premio Oro Poboación, para o club con maior número de seguidores en relación co censo da cidade na que ten a súa sede.
O mesmo mecanismo se emplará para conceder os galardóns Prata e Bronce de cada unha das categorías.
Os afeccionados que se abonen a InStat e desexen axudar ao Pontevedra, deben elixir o seu equipo favorito da categoría ao rexistrarse e realizar o pago na aplicación. Se o pago xa foi realizado pero aínda non se elixiu equipo, o sistema obrigará ao usuario para seleccionar o seu equipo antes de reproducir calquera contido.
Relacionadas:
-
Os granates xa coñecen os horarios de toda a primeira volta de Primeira Federación
Por Manu Otero |
-
O asturiano Francisco García Riesgo dirixirá o duelo entre Pontevedra e Talavera
Por Manu Otero |
-
O proxecto do Pontevedra conquista a 500 novos granates
Por Manu Otero |
-
Álex Masogo: "Podo actuar de central se a situación o require"
Por Manu Otero |