Támara Echegoyen recibe en Madrid o Premio Nacional do Deporte á mellor deportista revelación
Por Redacción
A Raíña Sofía xunto aos Príncipes de Asturias e a Infanta Doña Elena presidiron este luns a entrega dos Premios Nacionais do Deporte, un acto celebrado no Pardo e no que, entre outros, foi galardonada a regatista Támara Echegoyen como mellor deportista revelación grazas aos éxitos colleitados durante o ano 2012. A deportista pontevedresa logrou o ouro olímpico na clase Match Race en Londres 2012.
Támara Echegoyen foi condecorada co premio Infanta Cristina á deportista revelación tras gañar o ouro xunto a Sofía Toro e Ángela Pumariega o 12 de agosto de 2012. Sen dúbida, este triunfo foi un dos máis celebrados pola delegación española en augas británicas e converteu á deportista afincada en Cotobade na primeira medalla de ouro olímpica feminina do deporte galego.
A moza regatista forxouse unha carreira plagada de triunfos grazas ao esforzo diario, o que lle levou a atesourar dous campionatos de Europa e tres títulos mundiais na clase Vaurien, ademais do Europeo de Match Race Feminino en 2011. Un ano despois de chegar todo o máis alto na vela olímpica, Echegoyen xa se prepara para o seu próximo gran reto: conseguir a praza para Río 2016 nunha nova clase, o 49er Fx.
No acto de entrega dos Premios Nacionais do Deporte estivo presente Pedro Campos, director deportivo do equipo Movistar, quen destacou que "é un orgullo ter a Támara entre nós, unha deportista que conta con grandes perspectivas de futuro". Neste sentido, asegurou que a pontevedresa ten "moitas opcións" de poder repetir medalla nos próximos Xogos Olímpicos.
O deporte feminino foi o gran protagonista destes Premios Nacionais do Deporte. Ademais de Támara Echegoyen e as súas compañeiras Sofía Touro e Ángela Pumariega, foron premiadas Marina Alabau, ouro olímpico en Londres 2012, a atleta Ana Peleteiro ou a selección de waterpolo. Outros dos homenaxeados foron o taekwondista Joel González, o futbolista Radamel Falcao, o Valencia Basket Club ou o FC Barcelona.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Gómez Noya recollen en Madrid a medalla de ouro ao Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos poñen rumbo a Río 2016
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e o Náutico de Sanxenxo chegan a un acordo de colaboración para apoiar a súa preparación olímpica
Por Redacción |