Xusto empate do Sanxenxo en Porriño (1-1)
Por Redacción
Nunhas difíciles condicións, principalmente polo estado do terreo de xogo, o Sanxenxo salvou un punto que o fai manterse na segunda posición.
Ante o Porriño os amarelos tiveron opcións para levarse o triunfo, especialmente tras adiantarse grazas a un penalti transformado por Darío, pero tamén pasaron por apuros en varios momentos do partido ante un conxunto local que logrou a igualada antes do descanso.
No segundo tempo os de ÿscar García buscaron sen fortuna o gol para desfacer as táboas, pero non chegaron a dispoñer de claras ocasións.
O Sanxenxo suma así o seu segundo empate consecutivo que lle vale para manter tres puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado.
PORRIÿO INDUSTRIAL (1): Samu, Álvaro, Samuel, Tavi (Brais, min.46), Robert, Marcos (Javi, min.75), Millos, Pedro, Adrián, Eloy (Aarón. min.77), Quini (Álex, min.78).
XUVENTÿ SANXENXO (1): Jose, Tinaia, Darío, Fon, Minso, Deivi, Róber (Aguín, min.66), Hugo, Cerqueiras, Nel (Diego Blanco, min.70), Cuchi (Cañi, min.81).
Árbitro: Fernández Rodríguez (Ourense). Amoestou a Millos, Javi, Marcos e Quini no Porriño e a Deivi, Cuchi, Hugo e Darío no Sanxenxo.
Goles: 1-0 Darío de penalti, min.10; 1-1 Pedro, min.31.
Incidencias: Partido disputado no campo do Lourambal, Porriño.