Goleada terapéutica do Portonovo ante o Ourense B (6-2)
Por Redacción
Despois de cinco xornadas sen coñecer a vitoria o Portonovo anotouse un triunfo terapéutico goleando en Baltar o Ourense B.
O conxunto arlequinado aproveitouse da fraxilidade defensiva do filial para recuperarse anímicamente nun partido cheo de ocasións.
Adiantouse o Portonovo aos tres minutos por medio de Iván Renda, pero empatou deseguida o equipo visitante, un tanto que resultou un espellismo, pois aos poucos minutos Álex Cubas poñía de novo en vantaxe os de Ricardo Fernández, que ampliaron a renda antes de chegar ao descanso grazas a Luis Alberto.
Suso Vidal, Silva e Iván completaron o festival goleador local na segunda metade para dar aire ao seu equipo, que ascende agora ata a undécima posición con 20 puntos, a cinco do terceiro posto e oito do segundo.
PORTONOVO SD (6): Marcos Dopazo, César, Iván Renda, Suso Bea, Gándara, Suso Vidal (Rodri, min.85), Nacho, Silva (Iván, min.88), Luis Alberto (Suso Martínez, min.76), Álex Cubas.
CD OURENSE B (2): Miguel, Docampo, Álex, Pana, (Miki, min.71), Peli (Dacosta, min.65), Presas, Toni, Arce, Carlos, Esteban, Omar (Choco, min.70).
Árbitro: Gay Casal (Santiago). Amoestou ao local Suso Vidal e ao visitante Presas.
Goles: 1-0 Iván Renda, min.3; 1-1 Omar, min.6; 2-1 Álex Cubas, min.10; 3-1 Luis Alberto, min.40; 3-2 Arce, min.50; 4-2 Suso Vidal, min.54; 5-2 Silva, min.82; 6-2 Iván, min.92.
Incidencias: Partido disputado no estadio de Baltar, Portonovo.