Dura derrota do Xuven na cancha do pechacancelas Askatuak (69-67)
Por Redacción
Revés para o Xuventude Cambados na súa visita á cancha do último Akatuak, que sumou ante os amarelos o seu primeiro triunfo da tempada (69-67).
Os de Yago Casal deixáronse remontar unha renda de 10 puntos adquirida no primeiro cuarto para rematar por botar un cara ou cruz final ante os vascos que se decantou para o bando local.
Tras o bo parcial inicial dos amarelos (15-25), o Askatuak devolveulles a moeda para chegar ao descanso cun só punto de diferenza (30-31).
A partir de aí viviuse un choque moi igualado ata o minuto final, certificando finalmente a quinta derrota do curso para o Xuven, que queda no oitavo lugar da clasificación da liga Adecco Prata.
ASKATUAK (69): Kane (4), Millares (4), Javier Pérez (15), Arzallus (7), Urtasun (14) -cinco inicial- Hevia (2), Iker Andia (3), Urko Fernández (9), Aritz Martínez (11).
CONSERVAS DE CAMBADOS (67): Ander García (4), Orellano (4), Alberto Rodríguez (13), Merino (11), Taylor García (20) -cinco inicial- Vaquero (2), Rafael Caetano (1), Diatta Diop (4), Oubiña (8), Javier Patiño.
Árbitros: Pinela García e Rupérez Vielba. Eliminados por faltas Millares nos locais e Vaquero e Merino no Xuven.
Parciais: 15-25, 20-11, 17-17, 17-14.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo José Antonio Gasca de San Sebastián.