Quince minutos abondaron ao Cisne para desfacerse (18-30) dun frouxo Granitos Ibéricos
Por Redacción
Non tivo historia. O Cisne aproveitouse dun rival que xustificou de sobra a súa condición de viceúltimo para resolver o partido pola vía rápida, conseguindo unha cómoda vitoria que lle asenta na zona cómoda da táboa.
Os primeiros quince minutos de partido deixaron sentenciado o resultado. Os de Edín Covelo marcharon ata obter unha renda de 9 goles (5-14), que irían ampliando durante todo o partido ata conseguir unha máxima vantaxe de 14 goles (14-29) a falta de dez minutos.
Só a relaxación en ataque neses últimos dez minutos evitou que a diferenza final fose aínda máis ampla.
GRANITOS IBÿRICOS (18): Pedro Ramírez, Jorge Ramírez; Araújo (5), Pablo Barros (2), Carreira (1), Castro, Pablo León, Hugo López (1), Mouriño (1), Novoa (3), Otero, Diego Pérez, Joaquín Rodríguez e Daniel Román (5).
CISNE (30): Edu Alonso, Juan José Novás; Iván Abilleira, Álex Chan, Rafa Dasilva (6), Rafa Gestido, Iago González (1), David López (4), Pablo Picallo (11), Pablo Rey (4), Carlos Rodríguez (3), Andrés Sánchez e Javi Vázquez (1).
Árbitros: Javier Arroyo Casero e Jose Domingo Vega Gemio (Extremadura). Excluíron dous minutos a Carreira, Otero (2) e Daniel Román, polos locais, e a Iván Abilleira (2), Álex Chan (2) e Carlos Rodríguez, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 3-5, 3-8, 5-14, 8-14, 9-16, 9-18 (descanso), 11-20, 13-23, 14-28, 14-29, 15-29 e 18-30 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal do Carballal.