Rodrigo Germade leva o ouro e Teresa Portela a prata no Campionato do Mundo Sprint de Canadá
Por Almu Dapena
Día para enmarcar para o piragüismo pontevedrés, que segue demostrando que non ten límite da man de Rodrigo Germade e Teresa Portela no Campionato do Mundo Sprint que se está disputando desde o mércores en Halifax, Canadá.
O cangués Rodrigo Germade, xunto a Saúl Craviotto, Carlos Arévalo e Marcos Cooper no K-4 500, fixeron unha impecable final na que ninguén puido facerlles sombra e na que se colgaron a medalla de ouro.
Cun tempo de 1:20.83, os españois cruzaron a liña de meta por diante equipo alemán composto por Max Rendschmidt, Tom Liebscher, Jacob Schopf e Max Lempke, que foi segundo, e dos ucraínos Oleh Kukharyk, Dmytro Danylenko, Igor Trunov e Ivan Semykin, terceiros.
Teresa Portela, pola súa banda, acudía á fase final con dobre opción de medalla, unha en K-4 500 metros e outra en K-2 200.
Peor foi o final do K4 500 feminino, xa que tan só 3 centésimas separaron a Sara Ouzande, Carolina García, Laia Pelachs e Teresa Portela (1:33,27) da medalla de bronce. México (1:33,24) coouse por sorpresa no terceiro chanzo do podio nunha regata que gañou Polonia (1:30,70) e onde Australia foi prata a 2,07 segundos das vencedoras
O premio mundialista, en cambio, si que chegou na proba do K-2 xunto a Sara Ouzande.
Así, tras unha carreira dos máis igualada, as españolas deron todo ata conseguir unha medalla de prata que lograron in extremis.
Portela e Ouzande pararon o cronómetro en 38.96, 20 décimas por detrás das húngaras Kiss e Lucs pero por diante das canadenses Andreanne Langlois e Toshka Hrebacka, que foron terceiras.
Relacionadas:
-
Teresa Portela e Adrián Sieiro reman cara a París cargados de medallas
Por Manu Otero |
-
Mellor tempo e pase directo á final do Europeo para Antía Jácome no C-1 200 metros
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro, pase directo á final do Europeo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome regresa á competición no Europeo de Munich
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro e Manuel Fontán, campións do Mundo no C-4 500 con Pablo Graña e Joan Antoni Moreno
Por Almu Dapena |
-
O CGTD destinará 20 prazas o próximo curso para os equipos nacionais de piragüismo
Por Redacción |
-
Teresa Portela e Carolina García, directas á final mundialista no K-4 500
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O piragüismo pontevedrés, a por todas no Mundial de Canadá
Por Diego Espiño |