
© Real Federación Galega de Fútbol
Sorteado o cadro dunha nova edición da Copa Galicia na que participarán Poio Pescamar e Marín Futsal

Por Redacción
Unha nova edición da Copa Galicia de fútbol sala na que participarán Poio Pescamar e Marín Futsal está ao virar a esquina.
Concretamente, o domingo 28 de agosto é a data fixada polo Comité Galego de Fútbol sala para que arrinque esta competición na que participarán un total de 12 equipos.
Tal e como indica o resultado do sorteo realizado pola Federación este venres, vermellas e marinenses acceden directamente aos cuartos de final sen ter que pasar pola fase previa, igual que o Burela e o Ourense Envialia. Estes catro equipos iniciarán a súa andaina na competición autonómica o día 4 de setembro.
O Poio Pescamar, vixente campión do torneo, enfrontarase contra o gañador do Cidade de Pontevedra e C.D. Mosteiro Bembrive, mentres que as de Marín veranse as caras contra o que gañe do encontro entre FSF Castro e Cidade das Burgas.
Pola súa banda, o Burela competirá contra 5 Coruña FS ou Valdetires FSF, e o Ourense Envialia contra o gañador do partido entre A Fervenza FSF e Amarelle FSF.
As semifinais están fixadas para o 22 de febreiro e a gran final para o 17 de maio, Día dás Letras Galegas.
Definido o cadro da próxima #CopaGalicia https://t.co/I6zaEYPsn2
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) August 5, 2022
O 4 de setembro comezamos a defender o título #PoioPescamar #25AnosDePoioFS pic.twitter.com/75FVRIoP3I
Relacionadas:
-
Poio Pescamar e Marín Futsal inician esta fin de semana a súa campaña máis ambiciosa
Por Manu Otero |
-
Café lidera a remontada do Marín Futsal ante o Castro e accede ás semifinais da Copa Galicia (2-3)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal lanzan as súas campañas de abonados
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar pecha o seu plantel coa renovación de Agostina Chiesa
Por Redacción |
-
Julia Dupuy renova co Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar inicia a pretempada pendente de pechar os seus últimos reforzos
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Sorteado o calendario de liga 22-23 para o Poio Pescamar e o Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar, 25 anos de aposta polo fútbol sala feminino: "Lo que se está consiguiendo es increíble"
Por Almu Dapena |