Goleada do Pontevedra xuvenil fronte ao Santiago Compostela
Por Redacción
Necesitaba unha vitoria o xuvenil granate para abandonar o último posto da táboa e máis tendo en fronte un rival directo na loita pola permanencia, e logrouna con claridade, goleando un Santiago Compostela ao que relega a ese posto de último.
O conxunto pontevedrés non deu opción aos seus rivais e pronto tomou vantaxe no marcador cun gran gol logrado por Kike nun disparo dende fóra da área. Buba ampliaría a conta aínda na primeira parte, e a pesar de que os santiagueses inquietarían co 2-1, a incerteza durou apenas cinco minutos, tempo que o Pontevedra tardou en marcar o terceiro e sentenciar un resultado que pecharía Nico no desconto cun novo tanto.
PONTEVEDRA, C.F.: Álvaro; Puyi (Gabi, min. 88), Javi, Marou, Bruno, Tomás, Dani Muradás (Nico, min. 63), Emilio (Jhony, min. 46), Buba, Kike e Ángel (Jaime, min. 72).
SANTIAGO COMPOSTELA: Souto (Pedro, min. 64), José, Martín, Brea, Ángel, Vidal (Jano, min. 54), Lavandeira (Mario, min. 71), Xuco (Mateo, min. 54), Samu e Abelenda.
Árbitro: García Parada (Pontevedra). Amoestou a Vidal.
Goles: (1-0) Minuto 21: Kike. (2-0) Minuto 34: Buba. (2-1) Minuto 56: Samu. (3-1) Minuto 61: Jhony. (4-1) Minuto 92: Nico.
Incidencias: Sintético da Xunqueira. Campionato de Liga de División de Honra xuvenil. Uns cen espectadores.