O Poio Pescamar inicia a pretempada pendente de pechar os seus últimos reforzos
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
A tempada do 25 aniversario do Poio Pescamar xa está en marcha.
O conxunto conserveiro regresou este mércores aos adestramentos dando inicio á súa preparación estival da man do seu novo adestrador, Luís López-Tulla.
Comeza así a conta atrás cara á primeira xornada de liga, que lle enfrontará o 10 de setembro ao Joventut d'Elx na Seca.
O inicio da pretempada produciuse con 11 xogadoras do primeiro equipo confirmadas, coa presenza de dúas canteirás e aínda á espera dos últimos reforzos antes de dar por pechado o plantel.
As confirmadas ata a data son Dani Sousa (ausente no primeiro adestramento), Anna Escribano, Martita, Irene García e Luci Gómez, que continúan do curso pasado, e as fichadas Marta Peñalver, Rocío Gómez, Sandra Buzón, Elena Aragón, Laura Uña e Elena González.
Un proxecto moi renovado que parte co teito do quinto posto logrado nas últimas tempadas e que soñan con derrubar por fin para asomarse ao play-off polo título.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar ten nas súas filas a unha das cinco mellores xogadoras da liga italiana
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar pecha o seu plantel coa renovación de Agostina Chiesa
Por Redacción |
-
Julia Dupuy renova co Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Sorteado o cadro dunha nova edición da Copa Galicia na que participarán Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de liga 22-23 para o Poio Pescamar e o Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar, 25 anos de aposta polo fútbol sala feminino: "Lo que se está consiguiendo es increíble"
Por Almu Dapena |
-
Martita sela a súa continuidade unha tempora máis no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Dani Sousa renova por un Poio Pescamar que di adeus a Ana Rivera
Por Diego Espiño |
-
Marta Peñalver convértese na sexta fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción |