Aarón González e Luis Cañón dispútanse unha praza na final do Campionato Galego de Boxeo
Por Redacción
A Carpa de Samil, en Vigo, acolle este sábado 30 de novembro unha velada con cinco combates de boxeo entre os que se encontra a semifinal do Campionato Galego que enfrontará ao marinense Aarón González, nas filas do Rebouras Team de Vigo, e ao púxil da Asociación Boxeo Pontevedra Luis Cañón.
O campión galego e bronce nacional, Aarón 'The Thunder' González, gañou os tres combates que disputou co seu novo club, eliminando nos cuartos de final un dos grandes favoritos ao título autonómico, Carlos Simón.
Ambos os dous boxeadores disputaranse un posto na final da categoría elite no peso welter, unha final que se disputará o próximo 14 de decembro.
A velada, que conta con entradas dende os 10 aos 25 euros, dará comezo ás 21:30 horas.