Verducido coroa ás Xóvenes Promesas do panorama nacional
Por Redacción & Cristina Saiz
O mellor piraguismo regresou esta fin de semana ao Pontillón do Castro de Verducido, onde se disputou o Campionato de España Sprint de Xóvenes Promesas.
Ás 13:30 horas do domingo finalizou a gran competición na que partía como favorito para ocupar postos de podio o Náutico Pontecesures, que fixo gala do seu potencial para finalizar en terceira posición da xeral por equipos.
Despois de 277 carreiras disputadas, o equipo galego sumou un total de 651 puntos, só por detrás do Piragüismo Aranxuez, primeiro con 998, e do Círculo Mercantil de Sevilla, segundo con 786.
Os demais equipos galegos que entraron no top ten foron o As Torres Romaría Viquinga, ocupou a terceira praza con 398 puntos; oitavo foi o Fluvial de Lugo, e décimo o Club De Mar Ría de Aldán.
Tamén se repartiron os premios das diferentes ligas, finalizando o Pontecesures terceiro da xeral da liga de Xóvenes Promesas. Ademais gañou a liga feminina da categoría infantil e foi terceiro na liga muller cadete.
Dos títulos nacionais en xogo, Martín González do Club de Mar Ría de Aldán levou a carreira de K1 Infantil B, igual que a padeeira do Club As Torres Marta Castiñeiras que gañou en C1 Infantil A.
En categoría cadete B, Lara Remigio do Breogán do Grove levou o ouro en C1, como tamén fixo Miguel Blanco do Ría Aldán en K1.
Por último, Nicolás Braña do Piragüismo Poio logrou o triunfo en C1 cadete A.
Relacionadas:
-
Tono Campos consegue un bronce no debut do piragüismo galego no europeo de maratón
Por Redacción |
-
O Campionato de España Sprint Xóvenes Promesas reunirá a máis de 1.000 piragüistas no Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
O piragüismo galego viaxa a Dinamarca para revalidar a súa hexemonía na longa distancia
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés dá a talla no Campionato de España Sprint
Por Redacción |