Balón de oxígeno para o Arosa cun traballado triunfo no Grove
Por Redacción
O Arosa négase a descolgarse definitavamente dos posto altos da Rexional Preferente e mantense, coa vitoria sufrida e traballada no Grove, oitavo na clasificación, aínda que a sete puntos dos postos de ascenso directo a Terceira.
Un penalti moi discutido no tramo final do encontro desnivelou a balanza no Monte dá Vila a favor dos vilagarcianos, que fixeron máis para levarse o encontro que o seu rival, principalmente na segunda parte do choque.
O Arosa rompe así a imbatibilidade na casa do Unión Grove case un ano despois da súa última derrota. O equipo meco estáncase na zona morna da táboa.
USD GROVE: Jose, Miguel (Iago Nogueira, min.72), Anxo, Borja, Ameixeiro, Alexis, Félix (Jandro, min.72), Mateo (Nico, min.77), Ramón, Turu, (Iván, min.66), Yago.
AROSA SC: Jorge Pérez, Juanjo, Santi, Rivas, Roberto, ÿscar Guimeráns, Hugo, Comesaña, Ramón (Juanito, min.66), Camiño, Eloy (Ríos, min.90)
Árbitro: Rodríguez Pérez (Pontevedra). Amonestou a Yago, Borja e Ameixeiro nos locais e a ÿscar e Rivas nos visitantes.
Goles: 0-1 Camiño, de penalti, min.80
Incidencias: Encuentro disputado no Monte da Vila, O Grove.