O Arenteiro, destino de Samu Santos con opción de repesca para o Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Samu Santos xa ten destino para a próxima tempada, tras confirmar o Pontevedra co inicio da pretempada que non seguiría no primeiro equipo granate.
O central redondelano xogará o próxima curso no Arenteiro, manténdose por tanto na Segunda RFEF e nun proxecto con aspiracións elevadas esta tempada. Iso si, do mesmo xeito que o acontecido con Santi Figueroa e Iñaki Martínez, o Pontevedra explicou que se garda unha opción de recuperación polo futbolista a final de tempada.
Desta forma Samu buscará a continuidade que lle faltou en Pasarón baixo a atenta mirada do club granate, co que o pasado curso participou en 10 partidos de liga, 2 deles como titular para un total de 270 minutos.
Era o terceiro defensa central para o técnico Ángel Rodríguez, pero a regularidade da parella Churre-Soto privoulle de maior protagonismo, algo que pretende gañar no que será o seu último ano como sub-23.
No Carballiño o defensor atoparase cunha ampla nómina de ex-granates, seguindo os pasos de Romay este mesmo verán para enrolarse nun plantel no que tamén figuran Álex Fernández, Pibe, Pol Bueso ou Adrián Cruz.