O Villalonga húndese na táboa tras caer ante o Alondras
Por Redacción
A realidade golpea ao Villalonga despois de perder por terceira xornada consecutiva na Terceira División, esta vez na casa do Alondras.
Volveu competir o equipo de Guillermo Fernández e de novo sucumbiu por pequenos detalles, aínda que esta vez os do Morrazo buscaron con máis ansias os tres puntos e mostráronse superiores, sobre todo na segunda metade.
O Alondras recuperou a confianza perdida tras o inicio de liga e ascende á quinta posición da táboa despois de sumar nove puntos de nove posibles nas últimas tres semanas, todo o contrario que os celestes, que tras arrancar con forza a competición caen agora dende a cuarta á décimo cuarta praza despois de tres derrotas.
O próximo domingo o Villalonga recibirá en San Pedro ao Cerceda, noveno clasificado, coa intención de romper a dinámica negativa dos últimos choques.
O Céltiga cae a postos de descenso
O equipo da Illa perdeu na casa ante As Pontes (0-2) e vese relegado a postos de descenso directo á Rexional Preferente. Os insulares perderon cinco dos últimos seis encontros disputados.
ALONDRAS CF: Nando, Chichi, Segura, Toni, Jose Ángel, Denís (Outeiral, min.72), Carlos Campo (Mauro, min.62), Fernando, Andrés, Abraham (Dieguito, min.80), Pablo Martínez.
VILLALONGA FC: Roberto Pazos, Tenorio, Saúl, Quini, Gabi (Fran Matos, min.58), Leo, Marc, Roberto Feáns, Isma, Javi (Machu, min.58), Roberto Piñeiro (Pedro Martínez, min.72).
Árbitro: Díaz Álvarez (Pontevedra). Amonestou a Denís, Abraham e Pablo Martínez no Alondras e a Roberto Feáns no Villalonga.
Goles: 1-0 Fernando, min.49. 2-0 Mauro, de penalti, min.84.
Incidencias: Partido disputado no Campo do Morrazo, Cangas.