A Deputación crea a categoría A+ nas súas axudas a deportistas de alto nivel para dar protagonismo aos atletas con discapacidade
Por Redacción
A nova convocatoria das axudas Depo Dan e Depo Promesa que promove a Deputación de Pontevedra para os deportistas que alcancen a categoría de deportista de alto nivel ou promesa contará cunha nova categoría específica para deportistas con discapacidade.
É a principal novidade da cuarta convocatoria destas subvencións. A partir de agora os deportistas con discapacidade, que estaban integrados noutra categoría, concorrerán ás Axudas Plus (A+), unha marca específica que pretende axudar a reducir a desigualdade no ámbito deportivo empregando o deporte como ferramenta de integración e inclusión social.
Trátase dunha medida que xorde "para facer deporte inclusivo". Ademais os deportistas que consigan as bolsas recibirán un maior importe "xa que teñen unha dobre dificultade: os gastos que lles supón ser deportistas de alto nivel e os que implican a súa diversidade funcional", explicou a presidenta provincial, Carmela Silva.
As bolsas estarán dotas na súa totalidade na nova convocatoria cun orzamento de 250.000 euros, que se destinarán a apoiar e posibilitar a participación dos deportistas en competicións internacionais e nacionais.
A concesión das axudas realízase mediante réxime de concorrencia competitiva e establécense catro grupos para cada categoría, en función dos resultados alcanzados no 2021 ou no 2020, no caso daquelas competicións que teñan carácter bianual ou que non se celebraron pola covid-19 ou por outras causas excepcionais
Deste maneira, os e as deportistas que obtén ao recoñecemento Depo Dan (grupo A) poderán solicitar as axudas A1 con 2.000 euros de dotación se acreditan un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, cun 4º posto en diante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 euros, do 4º posto en diante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 euros, cun 4º posto en diante no Campionato de España ou podio no Campionato Gallego.
Os mesmo ocorrerá co grupo A+, para deportistas de alto nivel con discapacidade que recibirán 3.000, 2.000, 1.500 ou 1.000 euros; e co Grupo B, Depo Promesa, con 1.200 euros; 800 euros e 500 euros.
Relacionadas:
-
'Suma na escola' achegará o deporte inclusivo ao alumnado
Por Redacción |
-
Xornada de celebración para o deporte pontevedrés na Gala Provincial do Deporte
Por Redacción |
-
Homenaxe da Deputación a un deporte provincial que "está a darlle os maiores éxitos deportivos a Galicia"
Por Redacción |
-
A Deputación apoia con 5.000 euros os deportistas pontevedreses clasificados para Tokyo 2021
Por Redacción |
-
A Deputación recibe os clubs deportivos de elite da provincia nun "acto de orgullo"
Por Redacción |