Támara Echegoyen e Paula Barceló apuntan cara á Medal Race no Europeo de 49er FX
Por Redacción
É a súa primeira competición tras ser cuartas nos Xogos Olímpicos de Tokyo hai xa 11 meses, pero Támara Echegoyen e Paula Barceló apenas parecen notar a inactividade no Campionato de Europa da calse 49er FX que se está a disputar esta semana na localidade de Aarhus, en Dinamarca.
Aínda que cunha certa irregularidade nos seus resultados, a regatista pontevedresa e a súa compañeira de tripulación lograron consolidarse no Top-10 entrando no Grupo Oro da competición cando se inicia a súa fase final, previa á Medal Race do domingo.
Así, tras nove regatas completas e tres días de competición, Echegoyen e Barceló encaraban este venres desde a novena posición do xeral pero como sexto mellor equipo europeo.
Fano ademais tras completar o xoves a súa xornada máis completa cun terceiro, un décimo e un cuarto posto. Previamente gañaran a primeira regata, pero un probelma técnico que lles obrigou a retirarse da terceira manga e un 19º posto noutra lles penalizaron na clasificación.
O outro equipo español en FX, a galega Patricia Suárez e a canaria María Cantero, afrontan a recta final do Europeo desde a décimo cuarta posición e como novena mellor tripulación europea.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Paula Barceló rozan a medalla no Europeo de 49erFX
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen inicia no Europeo 49er FX o seu camiño cara a París 2024
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen confirma a súa aposta por estar en París 2024
Por Diego Espiño |
-
Támara Echegoyen, preseleccionada polo equipo nacional para o novo ciclo olímpico de París 2024
Por Diego Espiño | Creada e actualizada