Xornada deportiva no Manolo Barreiro co Torneo Concello de Pontevedra de fútbol a pé
Por Redacción
O bo tempo e a calor foi a principal protagonista este sábado no Campo de Fútbol Manolo Barreiro, onde se celebrou a primeira edición do Torneo Concello de Pontevedra de fútbol a pé.
Enmarcado dentro do programa A Vida é Movernos e a Feira da Saúde PonteSán, o evento contou coa participación de equipos compostos por xogadores e xogadoras actualmente inscritos nas escolas de fútbol a pé de Cangas e Mos e por algúns veciños e veciñas de Pontevedra.
Cada equipo o conformaron 8 xogadores, dos que 6 podían estar no terreo de xogo, e a duración de cada partido foi de 18 minutos a tempo corrido.
Ao finalizar torneo, a organización fixo entrega duns detalles elaborados no taller ocupacional da Asociación Juan XXIII.
Relacionadas:
-
A Vida é Movernos fusiónase co Metrosán para crear un calendario de "Camiñadas"
Por Manu Otero |
-
Unha rolda de talleres para levar a 'musicoterapia' a diferentes asociacións sociosanitarias
Por Redacción |
-
138 estudantes pontevedreses representarán á Boa Vila nos Xogos do Eixo Atlántico
Por Redacción |