Javier Márquez: "El objetivo es seguir creciendo y consolidar al equipo en Asobal"
Por Almu Dapena
"Tenemos un reto muy importante por delante". Así de contundentes soan as palabras do novo adestrador do Club Cisne Balonmán, Javier Márquez, que aterrou na Boa Vila hai pouco máis dunha semana pero ten claros que o principal obxectivo é "seguir creciendo y consolidar al equipo en Asobal".
É por iso que Márquez daralle moita importancia á canteira e aos xogadores máis novos, aos que tentará acomodar para que afronten con ilusión a tempada, que será dura.
A liga Asobal "es muy exigente y ya se vio hace dos años", cando o conxunto branco debutou na máxima categoría do balonmán, por iso o técnico quere ter o persoal completo "lo antes posible" e incorporar "dos o tres jugadores que encajen en los perfiles que interesan tanto en lo deportivo como en lo económico" cara o comezo de pretemporada, previsto para o día 26 de xullo.
Deles dependerá o modelo de xogo que caracterizará ao Cisne esta nova tempada, na que "habrá cosas que mantendremos, otras serán según mis creencias y según veo yo el balonmano", confesa.
Independentemente diso, o que quere tanto el como o presidente, Santi Picallo, é "seguir creciendo y consolidar al equipo en Asobal" para, nun futuro non moi afastado, "pueda mantenerse con una estructura bien definida y con jugadores jóvenes asentados".
Relacionadas:
-
Javi Vázquez xogará un ano máis co Cisne
Por Redacción |
-
Andrés Sánchez despídese do Cisne: "Este último ano foi precioso, deixar ao club no máximo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O cisneísta Marko Ojeda, ao Festival Olímpico da Mocidade Europea
Por Redacción |
-
O Cisne renova outro dos seus novos talentos, o lateral Rubén Sequeiros
Por Redacción |
-
O Cisne sela a súa portería coas renovacións de Roney Franzini e Abián Rodríguez
Por Redacción |
-
Comeza a era Márquez no Cisne
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A xestión da base e a coordinación de adestradores, nova ocupación para Jabato no Cisne
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |