Segue sen levantar cabeza o Portonovo que regresa derrotado (2-1) de Lalín
Por Redacción
Perdoou o Portonovo na primeira parte, tras adiantarse no marcador, e pagouno caro encaixando unha nova derrota ás mans dun Lalín que estreaba novo técnico no banco, coa chegada de Luis González Pichel.
O partido non foi bo. Suso Bea poñía por diante os de Baltar, ao rematar de cabeza unha acción de estrategía lanzada por Suso Vidal. Logo puido ampliar a vantaxe, nun man a man de Silva, que non puido superar ao meta Michi, cando optou por buscar a Álex Cubas, en lugar de intentar o remate.
A resposta do Lalín, contundente, significou o empate na acción seguinte, pouco antes do descanso, cando Dani Méndez rematou un saque de esquina, só no segundo pau.
Os de Ricardo Fernández acusaron o golpe e non reaccionaron na segunda parte, e máis cando no minuto 60 de partido o árbitro sinala penalti por man de Suso Bea. Marcos transformaba adiantando o Lalín, sen que o Portonovo lograse xerar perigo para intentar evitar a derrota.
C.D. LALÍN (2): Michi; Suso, Marcos, Rucho, Imanol, Manu (Xián, min. 89), David Soares (Ferreiro, min. 91), Dani Méndez, Maceiro, Quiroga (Damián, min. 64) e Toño (Kevin, min. 71).
PORTONOVO S.D. (1): Alejo; Luis Alberto, Suso (Gándara, min. 70), Suso Bea, César, ÿscar García, Suso Vidal, Víctor (Iván, min. 80), Silva, Nacho e Álex Cubas.
Árbitro: Avelino García (Ourense), auxiliado nas bandas por Jardón González e Santiago Rodríguez. Amoestaron, polos locais, a Rucho, Maceiro e Toño, e polo Portonovo a Suso Bea, Suso Vidal e Nacho.
Goles: (0-1) Minuto 36: Suso Bea. (1-1) Minuto 44: Dani Méndez. (2-1) Minuto 61: Marcos, de penalti.
Incidencias: Campo Manuel Anxo Cortizo (Lalín). Uns 100 espectadores.