O Marín FS inicia o capítulo de renovacións coa súa capitá Pau García
Por Redacción
O Marín Futsal pon a primeira pedra para o seu segundo ano na elite do fútbol sala feminino coa renovación da súa capitá Pau García.
A xogadora amplía o seu contrato por unha tempada máis e seguirá sendo un dos piares do primeiro equipo da Raña.
A través dunha mensaxe nas redes sociais da entidade morracense, fixeron saber á capitá que "estamos moi contentos de que continúes connosco e sigas achegando ao crecemento do equipo e do club".
Doutra banda, o club xa fixo oficial hai uns días a marcha do adestrador Raúl Jiménez, que logrou o ascenso e a permanencia na Primeira División.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal renova a Café e despídese de Dani Fleitas
Por Redacción |
-
Silvia Aguete e Ale de Paz celebran a segunda Eurocopa de España renovando e fichando polo Marín Futsal
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar acelera nas fichaxes e o Marín Futsal, nas renovacións
Por Redacción |
-
O Marín Futsal ficha a Ramiro Díaz como adestrador do primeiro equipo
Por Redacción |
-
Raúl Jimenez e o Marín Futsal separan os seus camiños
Por Redacción |