O Manolo Barreiro vibra cunha remontada de ouro de Galicia na final do Campionato de España Sub-16
Por Redacción
Os Campionatos de España Sub-14 e Sub-16 de Seleccións Autonómicas chegaron ao seu fin este mércores en Pontevedra nunha vibrante xornada de finais no campo municipal Manolo Barreiro da Xunqueira.
No medio dun gran ambiente, a Selección Galega alzouse cun brillante triunfo da Fase Oro en categoría Sub-16, ao vencer no partido polo título a Andalucía por 3 goles a 1.
Iso si, o equipo local tivo que sufrir, e é que tivo que darlle a volta a un marcador que durante moitos minutos éralle adverso.
O choque, propio dunha final, comezou con nervios e poucas ocasións, ata que nunha das primeiras opcións, aos 20 minutos, Adrián Heredia adiantaba o combinado andaluz tras aproveitar un rexeite tras un disparo á madeira.
Con ese resultado chegaríase ata o descanso, dando paso a un segundo acto no que Galicia foi a por o empate, atopando premio aos 61 minutos co 1-1, desde o punto de penalti, transformado por Lucas Taibo. Ademais Andalucía quedaba pouco despois en inferioridade ao ver Bakary a súa segunda amarela.
O partido poñíase de fronte pero faltaba rematalo, e fíxoo no minuto 71 Rubén Fernández rematando de cabeza un centro desde a dereita de Adrián Guerrero, autor á súa vez do definitivo 3-1 só dous minutos despois.
A Selección Galega celebrño ao grande a medalla de ouro conseguida no nacional, e non era para menos.
Ai este momento…
— RFGF (@futgal) June 22, 2022
CAMPIÓNS DE ESPAÑA
ARRRIBBAAAAA #SentindoGalicia | #CampeonesSub16RFEF pic.twitter.com/KU4CRm3BXl
Pola súa banda na final do Campionato de España Sub-14, Cataluña impúxose tamén a Andalucía nun encontro que terminou con resultado de 1-0.
Relacionadas:
-
Galicia Sub-16, á final do Campionato de España tras golear a Cataluña na Xunqueira
Por Redacción |
-
Cataluña deixa a Galicia sen final no Campionato de España Sub-14 de Pontevedra
Por Redacción |
-
A selección sub 14 avanza a semifinais do nacional e a sub 16 o xogará contra a Comunidade Valenciana este domingo
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 inician con vitoria e empate a súa andaina no nacional
Por Redacción |
-
Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción |