Cataluña deixa a Galicia sen final no Campionato de España Sub-14 de Pontevedra
Por Redacción
O Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-14 e Sub-16 chega á súa recta final coa disputa este martes das semifinais en Pontevedra.
Os primeiros en entrar en acción foron os Sub-14, con Galicia nunha das semifinais enfrontándose a Cataluña no Campo Municipal Manolo Barreiro da Xunqueira.
O combinado galego despediuse do torneo ao ceder por un claro 3-0, pero fíxoo coa cabeza alta tras un notable campionato.
Galicia contivo o poderío físico catalán na primeira metade, chegando mesmo a gozar dunha clara ocasión no minuto 10 cun disparo de Cristhian ao traveseiro á saída dun córner.
Con todo xa na segunda metade Cataluña termino impoñéndose capitalizando a posesión ata que o minuto 59 abriu a lata cun gol de Nil Vicens. Pol Mancheno e Guillermo Fernández terminarían poñendo o definitivo 3-0 no marcador.
Desta forma e tras a disputa da outra semifinal, o título nacional Sub-14 decidirase este mércores (10.00 horas, campo Manolo Barreiro) entre Cataluña e Andalucía, que venceu a Madrid por 2-1.
Relacionadas:
-
O Manolo Barreiro vibra cunha remontada de ouro de Galicia na final do Campionato de España Sub-16
Por Redacción |
-
Galicia Sub-16, á final do Campionato de España tras golear a Cataluña na Xunqueira
Por Redacción |
-
A selección sub 14 avanza a semifinais do nacional e a sub 16 o xogará contra a Comunidade Valenciana este domingo
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 inician con vitoria e empate a súa andaina no nacional
Por Redacción |
-
As seleccións galegas sub 14 e sub 16 debutan este venres contra Valencia e Andalucía
Por Mónica Patxot & Manu Otero |
-
Todo listo en Pontevedra para recibir ás mellores seleccións autonómicas sub 14 e sub 16
Por Redacción |