O campionato autonómico sénior e xuvenil reuniu en Verducido a case 500 padeeiros esta fin de semana
Por Redacción & Cristina Saiz
O complexo deportivo David Cal de Verducido converteuse esta fin de semana en sede do Campionato Galego de Piragüismo Sprint das categorías xuvenil e sénior nas modalidades C-1, C-2, C-4, K-1, K-4 e paracanoe.
O primeiro posto da clasificación por equipos en categoría xuvenil feminina foi para o CP Illa de Arousa (193 puntos), seguido polo Náutico O Muiño (164 puntos) e polo Grupo Xuvenil As Pontes (161 puntos).
En xuvenil masculina, pola súa banda, o mellor equipo foi o Club Fluvial de Lugo (255 puntos), segundo foi o Club Náutico Firrete (238 puntos) e terceira a E. P. Ciudad de Pontevedra (230 puntos).
O categoría sénior feminina, o Kayak Tudense destacou con 352 puntos, seguido do CP Rías Baixas-Boiro con 312 e da EP Ciudad de Pontevedra con 192.
Finalmente, o Ría de Betanzos sénior masculino realizou unha xornada case impecable para coroarse con 502 puntos. Seguiulle o Club Naval de Pontevedra con 367 puntos e o Kaiak Tudense con 351.
Relacionadas:
-
As 'xóvenes promesas' do piragüismo galego quentan motores en Verducido para o Campionato de España
Por Redacción |
-
Pablo Crespo e Jaime Duro, medalla de bronce no Campionato de Europa Sprint de Belgrado
Por Almu Dapena |
-
Medio milleiro de piragüistas cítanse en Verducido polo campionato autonómico sénior e xuvenil
Por Manu Otero |
-
Adestradores de nove países falarán sobre piragüismo en Pontevedra en outubro
Por Manu Otero |