Arlet Ortiz conquista o ouro no Open de Luxemburgo
Por Redacción
A taekwondista do Mat's de Marín Arlet Ortiz logrou esta pasada fin de semana a medalla de ouro no Open de Luxemburgo (G-2) tras vencer os seus catro combates na categoría de menos de 57 quilos.
A deportista do conxunto marinense superou en primeira rolda á taekwondista madrileña Lydia García, que ía coa selección española, en dous asaltos. Nos cuartos de final enfrontouse á marroquí Oumaima El Bouchti, cabeza de serie número 1, no que foi o combate máis axustado. Arlet venceu no primeiro, pero a marroquí logrou impoñerse no segundo e todo tivo que decidirse no terceiro, que caeu a favor da loitadora adestrada por Jesús Benito no CGTD.
En semifinais, Ortiz venceu en dous asaltos a canadense Viviane Traquille e así logrou o pase á final, onde esperaba outra española, Elsa Hernández. Novamente, Arlet demostrou confianza e seguridade para, en dous asaltos, pechar o triunfo e acadar a primeira posición no Open de Luxemburgo.
Relacionadas:
-
Sara Cortegoso e Arlet Ortiz conseguen unha medalla de bronce na Presidents Cup de Turquía
Por Redacción |
-
Iván García e Arlet Ortiz seguen coa súa xira internacional sumando dúas medallas de prata en Bélxica
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Arlet Ortiz e Iván García, do Mat's de Marín, revalidan o seu título de campións de España
Por Redacción |