Xornada deportiva en Marín coa celebración da Carreira Carmiña
Por Redacción & Cristina Saiz
A costa de Marín congregou este domingo a numerosos afeccionados coa celebración da Carreira Carmiña, que tivo como convidados de luxo aos piragüistas Jaime Acuña e Carlos Pérez (Perucho), que volveron competir xuntos despois de 14 anos.
A saída da carreira produciuse desde Lapamán ata completar un percorrido de 10,6 quilómetros aproximadamente que finalizou no Paseo Alcalde Blanco, onde se atopou a meta.
Os corredores percorreron toda a costa, con traxectos de terra, asfalto e area de praia onde todo estivo calculado para facer pasar aos corredores no momento de marea baixa.
A guinda á carreira puxérona tanto Acuña como Perucho, grandes referentes no mundo do piragüismo, o primeiro como campión do mundo e o segundo como campión olímpico.