A dureza do Calvo Xiria non logra dobregar un Cisne que consegue un meritorio empate
Por Redacción
Non puido lograr o Cisne a súa cuarta vitoria consecutiva na sempre complicada pista de Carballo, onde o Calvo Xiria utilizou todas as armas dispoñibles en defensa, empregándose cunha dureza rozando o permisible, para frear o xogo ofensivo do equipo de Milucho Pintos. O empate conseguido hai que consideralo máis que meritorio por parte pontevedresa e lles permite manterse lonxe da zona de angustia da táboa clasificatoria.
Os comezos non foron bos para os de Milucho, que se viron superados pola intensidade coa que arrancou o Xiria. A máxima renda de tres goles lograda polo equipo de Carballo foi neutralizada no minuto 20 de partido, e de aí ata o final a igualdade no luminoso predominou no partido, cuns minutos finais trepidantes nos que ambos os dous buscaron levarse o triunfo, pero cada gol dun era rapidamente neutralizado polo rival.
CALVO XIRIA (24): Suárez Pumariega, Lema García (4), García de Suárez, Pombo Trasende (2), Dubra (1), Maya, Rodríguez (8), García Cosío, Guerra, Varela (2), Zacal (5), Méndez (1), Gómez e Queidán (1).
BM CISNE (24): Lafuente, Iván Abilleira, Montesinos (2), Pablo Domínguez (8, 5 de penalti), Pablo Picallo (2), Andrés Sánchez (4), Martín Iglesias (1), Alberto Casares (4), Juan Novás, Javi Vázquez, Miguel Simón, Pachi Dacosta (1), Adrián Freiría (2) e Dani Puente.
Árbitros: José María Roi e Eric García (Navarra). Excluíron por dous minutos a: Sánchez Pumariega, Lema García (3, descualificado), Pombo Trasende, García Cosío, Méndez, Queidán, Alberto Casares, Miguel Simón e Pachi Dacosta.
Incidencias: Pavillón da Zona escolar de Carballo. Cheo.