A emoción e velocidade das carrilanas volven sentirse en Barro
Por Redacción & Cristina Saiz
Emoción, algún que outro susto e moita moita velocidade foi o que se viviu esta tarde en Barro coa celebración da quinta edición da Baixada de Carrilanas.
Durante toda a tarde, decenas de pilotos subidos a bordo dos seus artesanais bólidos descenderon a toda velocidade, e co máximo coidado para non saírse do trazado, desde o lugar de Campodeira ata a contorna da piscina municipal en Outeiro.
Ao longo de 1,7 quilómetros de percorrido houbo tempo para toda clase de peripecias, que foron seguidas moi de preto polo numeroso público que se apiñaba tanto na liña de meta como nas marxes deste improvisado circuíto que se estreou no ano 2016.
A competición retomouse este ano despois de dous anos de ausencia pola pandemia. Coa colaboración das federacións de inercia de Galicia e Asturias, a proba é xa una das competicións con máis tirón da provincia e en cada edición reúne a decenas de participantes procedentes de múltiples recunchos do noroeste peninsular.
Relacionadas:
-
As carrilanas volven á Carballeira de San Xusto
Por Redacción |
-
A Gala Solidaria de Curro recollerá alimentos para a Fundación Amigos de Galicia
Por Redacción |
-
Barro celebra este domingo a quinta edición da súa xa tradicional baixada de carrilanas
Por Redacción |
-
Volve a Baixada de Carrilanas a Barro
Por Redacción |