"Estívose liquidando a pasada tempada e se leva días traballando na nova, pero non hai nada que anunciar aínda"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol puxo en marcha a maquinaria para planificar a próxima tempada, aínda que o fixera afastado dos focos.
Así o asegurou este venres o director xeneral granate, Marcos del Río, na rolda de prensa de presentación do campus de adestramento que levarán a cabo este verán, revelando que "se está traballando, pero de momento o traballo lévase de portas cara a dentro".
Del Río defendeu que "a actividade non cesou nin desde o día que terminou a liga ata hoxe", pero "simplemente non hai nada que anunciar de momento".
En canto ás primeiras xestións realizadas desde as oficians de Pasarón, o director xeral explicou que "se estivo liquidando a pasada tempada e se leva días traballando na nova", reiterando que "non hai nada que anunciar aínda".
Para concluír o responsable granate asegurou que "sabemos que a xente está desexosa de saber, comprendémolo, pero temos que ir anunciando a medida que haxa feitos confirmados".
Relacionadas:
-
O Pontevedra, único recentemente ascendido a Primeira RFEF co seu banco en dúbida
Por Diego Espiño |
-
Recoñecemento á tempada do Pontevedra na Gala da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol - Proliga
Por Redacción |
-
O Pontevedra impón o seu ritmo na planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, unha categoría chea de esixencias
Por Diego Espiño |
-
O regreso de Coke Carrillo ao Pontevedra, un soño?
Por Diego Espiño |
-
Reforzar a portería, entre os obxectivos do Pontevedra no mercado de fichaxes
Por Diego Espiño |
-
A xunta de accionistas coas contas do ano da reestruturación, un asunto pendente para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Unha falta de 'feeling' con difícil solución
Por Diego Espiño |
-
Unha Primeira RFEF con poucos desprazamentos próximos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A decisión sobre o adestrador, en 'stand by'
Por Diego Espiño |
-
Chega o momento de planificar para o Pontevedra
Por Diego Espiño |