Jabato rexeita seguir no Cisne tras o ascenso á Liga Asobal
Por Diego Espiño
A etapa de Javier Fernández 'Jabato' como adestrador do primeiro equipo do Club Cisne Balonmán chegou ao seu fin, segundo confirmou a PontevedraViva o presidente da entidade, Santiago Picallo.
O técnico comunicou este xoves a súa decisión ao presidente, con quen fixara o venres de 3 xuño como prazo máximo para tomar unha decisión sobre o seu futuro.
A intención do Cisne era seguir confiando en Jabato, pero finalmente pesaron máis as obrigas laborais e persoais do adestrador, difíciles de compaxinar coa competición na máxima categoría do balonmán nacional.
O preparador pon fin desta forma a unha exitosa etapa no club pontevedrés, ao que chegou no verán de 2016 procedente do Academia Octavio vigués. Desde entón encabezou un proxecto que foi pasos á fronte ata consolidarse con dous ascensos á Liga Asobal.
Polo momento o Cisne non ten avanzada a negociación con ningún outro técnico, xa que Jabato era a súa primeira opción para dirixir ao equipo a próxima tempada.
Relacionadas:
-
A xestión da base e a coordinación de adestradores, nova ocupación para Jabato no Cisne
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Acordo pechado do Cisne con Javier Márquez para que sexa o seu adestrador en Asobal
Por Diego Espiño |
-
André de Moura tamén renova co Cisne
Por Redacción |
-
Mateo Arias estrea as renovacións para o novo proxecto do Cisne en Asobal
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Emotiva despedida de Jabato como adestrador do Cisne: "Sei que vou perder moito, pero necesitades máis"
Por Diego Espiño |
-
Jabato e o Cisne danse de prazo ata este venres 3 para decidir o futuro do técnico
Por Diego Espiño |
-
Outorgan a Santi Picallo e a Jabato a Medalla de Bronce ao Mérito Deportivo da Federación Española de Balonmán
Por Redacción |
-
O ascendido Cisne finaliza a liga con derrota en Puerto Sagunto (31-23)
Por Almu Dapena |
-
Recepción municipal ao Cisne tras o seu ascenso a Asobal: "Este equipo vai estar aí se temos o respaldo da cidade"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Deputación estrea as recepcións ao Cisne tras o seu ascenso á Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
Asegurar 500.000 euros de orzamento, obxectivo a contrarreloxo do Cisne para competir na Liga Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Cisne celebra ante a súa afección o regreso a Asobal tras gañar o Barça B (36-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |