
© Mónica Patxot
Unha falta de 'feeling' con difícil solución

Por Diego Espiño
Máis de dúas semanas despois de que finalizase oficialmente a liga co ascenso a Primeira RFEF, certificado en Palencia, o Pontevedra Club de Fútbol segue sen aclarar cal será o futuro do adestrador que encabezou o último proxecto, Ángel Rodríguez.
O técnico leonés finaliza o seu contrato coa entidade granate e xa empezou a deixarse querer noutro lugares, despois de días sen comunicación co club.
Rodríguez cumpriu o seu papel no deportivo, logrando o obxectivo marcado polo Pontevedra de lograr o salto de categoría de maneira directa, aínda que se foi evidenciando co paso do tempo una certa falta de 'feeling' cos responsables da planta nobre de Pasarón. Non así co director deportivo Toni Otero, con quen mantén unha estreita relación.
Con ese entendemento ou confianza crebada, tanto o club granate como o preparador empezan a asumir que os seus camiños apuntan a separarse a próxima tempada.
Claro que no fútbol calquera cousa pode suceder, e a porta á súa continuidade no banco de Pasarón polo momento non está pechada ao 100%, aínda que se antolle a estas alturas case unha quimera.
Propostas sobre a súa mesa non parece que lle vaian a faltar, tras soar mesmo como candidato ao banco do Burgos de Segunda División antes de oficializarse a renovación de Julián Calero, ademais nun momento tras a conclusión dos play-off de ascenso a Primeira RFEF no que o mercado empeza a axitarse, coa prioridade para a maioría de clubs de confirmar en primeira instancia quen será o seu adestrador.
Relacionadas:
-
Toni Otero, sobre a saída de Ángel Rodríguez e a renovación de Yelko: "Se hai tres meses fixésemos o que propuxen non estariamos nesta situación"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez e o Pontevedra, unha negociación tardía rota cando menos se esperaba
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez, novo adestrador do Hércules
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, único recentemente ascendido a Primeira RFEF co seu banco en dúbida
Por Diego Espiño |
-
Recoñecemento á tempada do Pontevedra na Gala da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol - Proliga
Por Redacción |
-
O Pontevedra impón o seu ritmo na planificación deportiva
Por Diego Espiño |
-
A Primeira RFEF, unha categoría chea de esixencias
Por Diego Espiño |
-
"Estívose liquidando a pasada tempada e se leva días traballando na nova, pero non hai nada que anunciar aínda"
Por Diego Espiño |
-
Reforzar a portería, entre os obxectivos do Pontevedra no mercado de fichaxes
Por Diego Espiño |
-
Unha Primeira RFEF con poucos desprazamentos próximos para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles recibe o trofeo O Granate do podcast de aficionados Fondo Norte
Por Redacción |
-
A decisión sobre o adestrador, en 'stand by'
Por Diego Espiño |
-
Chega o momento de planificar para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo pide "un pouco máis" ás institucións para que o Pontevedra siga crecendo
Por Manu Otero |
-
A clasificación para a Copa do Rei, un premio extra á boa tempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |