Manuel Fontán e Pablo Graña, á final do C-2 500 na Copa do Mundo de Poznan
Por Diego Espiño
A localidade polaca de Poznan centra a atención desde este xoves no piragüismo pontevedrés co inicio da segunda Copa do Mundo Sprint da tempada.
Tras o bo papel das primeiros espadas en Racice hai poucos días, outros efectivos da 'armada' pontevedresa buscan exhibirse nun gran escenario internacional, algo que conseguiron na súa estrea Manuel Fontán (Náutico O Muíño de Ribadumia) e Pablo Graña (Náutico Rodeira de Cangas) no C-2 500.
Foron os primeiros españois en estrearse en Poznan, sendo segundos na súa serie só superados polo incombustible campión olímpico alemán Sebastian Brendel e o seu compañeiro Tim Hecker, o que lles obrigaba a pasar pola semifinal se querían conseguir a clasificación para a pelexa polas medallas do próximo sábado día 28.
Iso fixeron na semifinal, mellorando o seu tempo cun rexistro de 1:42.87 que lles valeu para ser segundos a só dúas centésimas da parella ucraína. Suficiente para meterse na final A de o C-2 500, modalidade olímpica.
En Poznan tamén competiu este xoves o pontevedrés Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra), no seu caso no C-1 500 metros, cun sétimo posto na súa serie e un sexto lugar na semifinal que lle relegan á final B da distancia.
Relacionadas:
-
Manuel Fontán e Pablo Graña, quintos nunha Copa do Mundo marcada polo mal tempo
Por Redacción |
-
Claudia Couto queda ás portas do podio e Antía Jácome finaliza sétima na Copa do Mundo de Racice
Por Almu Dapena |
-
Éxito pontevedrés na Copa do Mundo de Racice: pratas para Adrián Sieiro, Teresa Portela e Carolina García
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
O C2 de Sieiro e o K4 de Portela e García, directos á final da Copa do Mundo
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
A Copa do Mundo de Racice, termómetro para as opcións mundialistas do piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Antía Jácome, piragüista olímpica e community manager do COE por un día
Por Manu Otero |
-
O piragüismo pontevedrés cumpre o expediente na segunda xornada do selectivo nacional
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro no C-2 e Tere Portela e Carolina García no K-4 logran o seu billete para a Copa do Mundo
Por Diego Espiño |