![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8cb/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/61a3d16324-20211128-saiz-estadio-pasaron-pontevedra-arosa-29.jpg)
© Cristina Saiz
O capitán Julio Rey, primeira renovación no Arosa: "Este clube caeu moitas veces, pero sempre nos levantamos"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arosa empeza a moverse na planificación na nova tempada, na que competirá na Terceira RFEF e na que Luisito seguirá sendo o responsable do banco da Lomba.
A primeira renovación no cadro arlequinado foi a dun home da casa, Julio Rey, xa que tal e como sinala o club "o capitán nunca abandona ou barco".
O futbolista vilagarcián, aos seus 27 anos, cumprirá desta forma a súa sétima campaña consecutiva no primeiro equipo.
No último curso, en Segunda RFEF, Rey participou en 33 dos 34 encontros de liga, partindo en 27 deles como titular e anotando tres goles.
"Este clube caeu moitas veces, pero sempre nos levantamos", afirmou o propio futbolista nun vídeo publicado polo Arosa coa súa renovación, no que se mostra confiado en que "xuntos voltaremos", sinalando a súa ambición en conseguir recuperar canto antes a categoría perdida.
Nunca é mal momento para dar unha boa nova… #PorqueVilagarcíaOMerece #XuntosVoltaremos #ArosaSC pic.twitter.com/2Uo5QPKlgh
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) May 25, 2022