O sector do Campionato de España Cadete, unha nova oportunidade de brillar para a canteira do Cisne
Por Redacción
Pontevedra e o Club Cisne Balonmán prepáranse para o segundo dos tres sectores do Campionato de España de que organizará esta campaña.
Tras a cita xuvenil, na que os pontevedreses rozaron o pase á fase final, tócalle agora á categoría cadete, na que o Cisne aparece como candidato a todo.
"Esperemos que esta vez a moeda que no xuvenil saíu cruz salga cara, pero o fundamental é que os rapaces o pasen ben", defendeu este martes na presentación oficial do sector nacional o presidente cisneísta, Santi Picallo, acompañado do concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen destacou que "este ano o balonmán pontevedrés da man do Cisne está a conseguir éxitos fantásticos".
A competición terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes desde o vindeiro venres 27 ao domingo 29 de maio, coa presenza ademais das canteiras do Ademar de León, Galdar e Grupo Covadonga.
Os partidos que se disputarán son os seguintes:
- Venres 27 de maio: Ademar León - Grupo Covadonga (18.00 horas) e Club Cisne - Galdar (20.00 horas).
- Sábado 28 de maio: Ademar León - Galdar (10.30 horas) e Club Cisne - Grupo Covadonga (12.30 horas).
- Domingo 29 de maio: Galdar - Grupo Covadonga (9.30 horas) e Ademar León - Club Cisne (12.00 horas).
Relacionadas:
-
'Operación Quilómetro' no Cisne para custear a viaxe do seu equipo cadete á fase final do Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
Elxe acollerá a fase final do Campionato de España para o equipo cadete do Cisne
Por Redacción |
-
Pleno de vitorias para os cadetes do Cisne, que conseguen o billete para a Fase Final do Nacional
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O ascendido Cisne finaliza a liga con derrota en Puerto Sagunto (31-23)
Por Almu Dapena |
-
Cisne e Teucro din adeus á fase final do Nacional Xuvenil
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Cisne, ante o reto de defender o seu título nacional xuvenil: "Favoritos? Xogamos na casa e temos un bo equipo"
Por Diego Espiño |
-
A Federación concede ao Cisne a organización do seu Sector Nacional e o Teucro terá que viaxar a Zarautz
Por Manu Otero |